Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas ‘Recital de Amor e Lúa’ de Xosé Carlos Caneiro
‘Recital de Amor e Lúa’ de Xosé Carlos Caneiro PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 26 Maio 2010 11:53

A Casa da Cultura do Concello de Verín acolle mañá, a partir das 20.30 horas, o ‘Recital de Amor e Lúa’, unha proposta poética do verinense Xosé Carlos Caneiro.

Ao longo da sesión, Xosé Carlos Caneiro declamará versos de amor do poemario Camiños de Amor e Lúa, editado por Editorial Biblos a finais de 2009, acompañado do guitarrista Xosé Manuel Salgado.

Esta iniciativa forma parte do programa Camiños de Amor e Lúa, no que se conxuga a celebración en Galicia do Ano do Libro e da Lectura co ano Xacobeo 2010. Por este motivo, achéganse a 30 concellos dos diferentes Camiños de Santiago poesía e música, durante seis semanas seguidas nos meses de maio e xuño. Todo co obxectivo de fomentar o hábito da lectura, amenizar a ruta aos peregrinos e promocionar a cultura literaria galega entre os visitantes e os habitantes das localización nas que terán lugar os recitais.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>