Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Voluntarios da Biblioteca Pública Municipal de Verín visitan a Embaixada de Chile e Antena 3
Voluntarios da Biblioteca Pública Municipal de Verín visitan a Embaixada de Chile e Antena 3 PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 24 Xuño 2010 11:28

Unha ducia de voluntarios/as da Biblioteca Pública Municipal de Verín trasladaranse mañá a Madrid para visitar as instalacións de Antena 3 TV e a Embaixada de Chile.

Esta visita enmárcase dentro do premio concedido pola Fundación Antena 3 á Biblioteca Pública de Verín pola realización do Proxecto de Voluntariado Cultural e Fomento á Lectura. Unha iniciativa na que nenos/as voluntarios/as, con idades comprendidas entre os 11 e 15 anos, participan en actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización destas instalacións municipais, a través da realización de contacontos, manualidades e murais, e que están destinadas a nenos/as do municipio con idades entre os 3 e 8 anos.

Por outra banda, e tras a gravación por parte dos voluntarios/as desta biblioteca do  vídeo de ‘Apoio ao pobo chileno’,  tras o terremoto acontecido neste pais, a Embaixada de Chile en Madrid ofrécelles unha recepción aos/ás rapaces/zas. Na mesma o asesor cultural da embaixada, Sergio Macías Brevis, agradeceralles a esta actuación e amosaralles o traballo que se está a realizar, desde o ano 2008, na escola María Villalobos Arteaga na VI Región de Chile, con intercambio de experiencias no ámbito do fomento á lectura a través da profesora Rosa Peña Duarte.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>