Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home
Aprobación da integración de Chaves e Verín na Agrupación Europea de Cooperación Territorial Eurocidade Chaves-Verín PDF Imprimir Correo-e
Venres, 25 Xuño 2010 16:32

As corporacións da Câmara Municipal de Chaves e do Concello de Verín aprobaron a integración de ambos municipios na Agrupación Europea de Cooperación Territorial Eurocidade Chaves-Verín.


A Eurocidade Chaves-Verín AECT, con personalidade xurídica, terá por obxectivo promover a cooperación territorial, transfronteiriza, nos ámbitos da cultura, deporte, educación, entretemento, ordenación do territorio, patrimonio, protección civil, saúde, turismo, aproveitamento conxunto e protección do río Támega, do medio ambiente e dos recursos naturais.

A Eurocidade Chaves-Verín AECT terá por atribucións concibir e executar proxectos ou accións para a consecución desta cooperación, promover ou elaborar estudios, planos, programas e formas de colaboración entre os entes públicos asociados. Así como, construír e xestionar infraestruturas e equipamentos e prestar servizos de interese público, facilitar e promover a cooperación no ámbito territorial en que exerce as súas funcións, con ou sen o financiamento da Unión Europea, pero sempre co obxectivo de contribuír ao desenvolvemento e reforzar a cohesión económica e social do territorio de ambos os municipios.

A mesma estará conformada por dous órganos de goberno: Asemblea Xeral (constituída polos asociados e dirixida por unha Mesa conformada por un Presidente -alcalde de Verín ou Chaves, de modo rotatorio- e un Secretario que exercerá de Subdirector) e Director (alcalde de Chaves ou de Verín, rotativamente), e o seu domicilio social estará situado na Antiga Aduana de Feces de Abaixo (Verín).


 
?>