Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home
O IES Xesús Taboada Chivite e a Escola de Vidago vencedores dos concursos fotográfico e da mascota da Eurocidade Chaves-Verín PDF Imprimir Correo-e
Venres, 25 Xuño 2010 16:33

A Eurocidade Chaves-Verín fallou os resultados da primeira edición do Concurso Fotográfico ‘Recursos históricos e naturais da Eurocidade’ e o destinado a creación da mascota ‘Chavín’.

No concurso fotográfico, o primeiro lugar foi para Andrea de Dios López, do Instituto Xesús Taboada Chivite de Verín. En segundo lugar clasificouse Cristina Díez Márquez, do CEIP Amaro Refojo. E na terceira posición quedou Kevin Luiz Ponte Pucci, de Chaves.

No concurso “A Mascota da Eurocidade - Chavín” o primeiro lugar foi para o grupo de 5ºB da Escola EB2,3 de Vidago/Chaves. O segundo lugar para o 4º ano da Escola de Santo Amaro, tamén en Chaves e a terceira posición foi para o grupo 1 do Externato Pinguim de Chaves.

O xurado, que escolleu os tres primeiros clasificados de cada concurso, estivo conformado por: Margarida Pizarro, representante do Gabinete da Eurocidade Chaves-Verín; António Ramos, representante da Câmara de Chaves; Augusto Ladeiras, representante das Escolas de Chaves; Víctor Baladrón, representante do Concello de Verín e Elisabeth González, representante das Escolas de Verín.

 
?>