Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home
Eurocidade Ecuestre Verín - Chaves PDF Imprimir Correo-e
Venres, 25 Xuño 2010 16:34

O Club Hípico Monterrey organiza os días 3 e 4 de xullo, no centro Ecuestre Cigarrón (Queizás-Verín), as primeiras xornadas hípicas ‘Eurocidade Ecuestre’.

O programa deste evento inclúe as seguintes actividades:

- Sábado 3 de xullo: Doma clásica ‘C’, ‘D’ e Copa A.C.C.E.GA. Promocións 1 a 4 (10 horas), Doma Clásica AP1 e 2 e San Jorge (16 horas), Doma Vaquera e Alta Escuela (18.30 horas) e Espectáculo ecuestre ‘Sabor Andaluz’ (20 horas).

- Domingo 4 de xullo: Concurso Doma Clásica (10 a 14 horas), Doma Clásica P3 e 4 e San Jorge (16 horas), Entrega de premios (18.30 horas), Espectáculo ecuestre ‘Sabor Andaluz’ (19 horas) e Torneo medieval entre cabaleiros españois e portugueses.

As inscricións e reservas deben realizarse no Club Hípico Monterrey ou nos teléfonos 619-472646 e 626-055161.

As xornadas ‘Eurocidade Ecuestre Verín – Chaves’  conta coa colaboración da Eurocidade Chaves-Verín, a través do Concello de Verín, Xunta de Galicia, Deputación de Ourense, Federación Hípica Galega e empresas de ambos municipios.

 
?>