Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home
A Eurocidade Chaves-Verín presenta a súa páxina web PDF Imprimir Correo-e
Luns, 12 Xullo 2010 16:16

O presidente da Câmara Municipal de Chaves, João Gonçalves Martins Batista, e o alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán presentaron esta mañá a páxina web da Eurocidade Chaves-Verín.

O novo site, www.eurocidadechavesverin.eu, nace co obxectivo de dar visibilidade a un proxecto pioneiro a nivel da Península Ibérica e tamén de Europa, exemplarizando un novo modelo de cooperación de segunda xeración que vai máis alá da colaboración institucional, e do sumatorio de simples programas e iniciativas de cooperación, potenciando a asunción de que é posible adoptar un novo modelo de cidadanía europea. O proxecto da Eurocidade Chaves-Verín pretende a posta en común dos recursos, a través do planeamento e xestión conxunta de servizos e equipamentos dos municipios fronteirizos de ambos municipios, que proporcionen unha maior calidade de vida á poboación de Chaves e Verín.

Nesta páxina web, en portugués e galego -nas próximas semanas tamén en castelán e inglés-, os/as internautas poderán coñecer a historia, obxectivos e servizos comúns postos en marcha no ámbito da Eurocidade, os eventos culturais e deportivos, ofertas de termalismo e información sobre os recursos termais e de augas minerais naturais existentes en ambos municipios. Ademais, das actividades realizadas e en curso deste proxecto destinadas á cidadanía; así como información sobre os proxectos europeos executados e os futuros, noticias, subscrición á newsletter, fotografías de ambos municipios e a participación en enquisas, entre outros servizos.

A Eurocidade Chaves - Verín é un proxecto de cooperación transfronteiriza aprobado no ámbito do Programa de Cooperación Transfronteiriza  España-Portugal (POCTEP), coa participación financeira da Unión Europea (co-financiamento FEDER).

 
?>