Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Servizos Sociais Novas de Educación Familiar O Concello de Verín, único representante galego no Congreso Nacional sobre Abandono Escolar Temperán
O Concello de Verín, único representante galego no Congreso Nacional sobre Abandono Escolar Temperán PDF Imprimir Correo-e
Luns, 04 Outubro 2010 12:10

A cidade de Valladolid acollerá a celebración do Congreso Nacional sobre Abandono Escolar Temperán durante os días 6, 7 e 8 de outubro, no que participará o Concello de Verín como único representante da comunidade autónoma galega.

Durante a xornada do 7 de outubro participarán no apartado de ‘Experiencias das distintas Comunidades Autónomas’ Inmaculada Hervella Ramos, concelleira da área de Benestar, e María Ángeles González Villar, educadora social de Verín, co obxecto de explicar aos asistentes os plans e estratexias desenvolvidas para evitar ou mellorar o abandono escolar temperán.

Esta iniciativa, na que participarán máis de 350 congresistas, está organizada pola Consejería de Educación de la Junta de Castilla y León e o Ministerio de Educación; e ten como obxectivos fundamentais: garantir o desenvolvemento do Plan de Apoio á Aplicación da LOE, promover e facilitar a coordinación entre as Administracións Públicas en xeral e educativas en particular, órganos administrativos ou entidades implicadas na loita contra o abandono educativo temperán.

 
Casa da Xuventude de Verín
Avda. de Portugal, 11 bis
Horario:
de Luns a Venres
de 9:00 a 14:00
Tlno.
988.41.47.76
Liñas de Móbil
608.52.01.97
608.52.01.98
Fax
988.41.22.59


Programa de Educación Familiar


Novas >>>

Teléfonos de Interese

Teléfono da Infancia

900.333.666

Servizo do Menor

988.38.66.21

Gabinete de Orientación Familiar

988.38.61.28


?>