Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Conclúe o proxecto cofinanciado polo Fondo Galego para fortalecer a participación cidadá en Nicaragua
Conclúe o proxecto cofinanciado polo Fondo Galego para fortalecer a participación cidadá en Nicaragua PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 22 Decembro 2010 12:57

No municipio nicaraguano de Totogalpa vén de rematar o proxecto cofinanciado polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade para promover a participación cidadá. A entidade achegou 50.000 euros á proposta presentada pola ONGD Paz e Desenvolvemento en 2009 á convocatoria de subvencións para proxectos de cooperación internacional ao desenvolvemento. O Instituto de Promoción Humana (INPRUH), parceiro tradicional do Fondo Galego, implementou a iniciativa no terreo.

Baixo o título ‘Fomento da participación cidadá no marco dos Gabinetes do Poder Cidadán no municipio de Totogalpa’, departamento de Madriz, o proxecto pretende contribuír á consolidación da democracia, a gobernabilidade e a cultura política. Para isto apoiouse ás organizacións comunitarias fortalecendo as súas capacidades para o exercicio da participación cidadá. Reforzouse a súa estrutura, articulouse a participación sectorial e territorial para a incidencia política no desenvolvemento local e fortaleceuse a oficina de participación cidadá na Alcaldía de Totogalpa.

Para acadar estes resultados, leváronse a cabo actividades como a presentación da iniciativa aos diferentes actores sociais, o equipamento e a capacitación das organizacións comunitarias, as accións de sensibilización ou o proceso de consulta para a elaboración do orzamento municipal e do plan estratéxico de desenvolvemento local. Conséguese así robustecer as capacidades do goberno local e dos actores vinculados ás estruturas comunitarias –como consellos microrrexionais, padroados escolares e consellos de anciáns- para buscar, de xeito consensuado, solucións ás problemáticas reais dunha poboación con altos niveis de pobreza.

Incorporar as demandas aos orzamentos
Traballouse especificamente na formación das e dos membros dos Gabinetes do Poder Cidadán (GPC), principalmente mocidade, mulleres, líderes e lideresas e máis comunidades indíxenas. Os 45 gabinetes fiscalizan o funcionamento do funcionariado e dos servizos públicos. Establécense en cada comarca e barrio para exerceren a participación cidadá na xestión pública do desenvolvemento do territorio, no marco dunha política de descentralización que permite as poboadoras e poboadores trasladar as súas necesidades. Os GPC encárganse, por exemplo, de definir as demandas priorizadas pola poboación para que se incorporen ao orzamento municipal ou ao plan estratéxico de desenvolvemento local.

Cada integrante do GPC encárgase dun tema, dende o medio ambiente e as infraestruturas ata a educación e a saúde, pasando polo emprego, a cultura ou as cuestións de xénero. Todas e todos eles, xunto cos e coas compoñentes do consello municipal, son beneficiarias e beneficiarios directos do proxecto cofinanciado polo Fondo Galego, o que suma un total de 728 persoas. No entanto, as e os 11.200 habitantes de Totogalpa benefícianse indirectamente da actuación, xa que participan representantes de todas as comunidades, que impulsarán ese efecto multiplicador.

O proxecto, que se executa dentro do Programa para a promoción e defensa dos Dereitos Humanos, formou as persoas participantes en temáticas como marco xurídico, liderado, democracia, negociación, autoestima, planificación estratéxica, etc. Tratábase de promover a organización comunitaria en base a un modelo participativo, fortalecendo os espazos para a concertación e a participación na toma de decisións. Asemade, a oficina de participación cidadá, unha vez equipada, converteuse tamén nun punto de asesoramento e de acceso á información.

A base do desenvolvemento local constitúea a participación activa da poboación, articulando todos os sectores e esforzos. A iniciativa executada por Paz e Desenvolvemento e o INPRHU involucra as afectadas e afectados na resolución dos seus problemas, polo que se agarda que se revele sostible no tempo. Contémplase asemade a equidade de xénero, cunha participación igualitaria das mulleres, reafirmando o empoderamento feminino.

O Fondo Galego
O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade é unha rede que engloba a 95 Concellos e ás catro Deputacións de Galicia. Fundouse en 1997 como un foro a través do que consensuar e concentrar os esforzos dos poderes locais galego no eido da cooperación ao desenvolvemento. Trátase deste xeito de garantir unha xestión profesional e transparente, así como a realización de proxectos ambiciosos que teñan un verdadeiro impacto nos países do Sur e facilitar unha meirande sensibilización da sociedade galega a prol da solidariedade internacional.
Desde a súa fundación, a asociación ten desenvolvido 135 proxectos en máis de 20 países, e organizado e editado multitude de actividades e materiais en relación aos desequilibrios existentes entre os países do Norte e do Sur. Ten garantido a presenza da solidariedade do pobo galego nas catástrofes que afectan a aqueles países do mundo con menor capacidade para as enfrontar, con proxectos de reconstrución (como os casos de Sri Lanka, despois do maremoto de 2004, Cuba, despois dos furacáns de 2008 ou Gaza, despois dos bombardeamentos israelitas de finais de 2008 e primeiros de 2009). Na actualidade está a pór en marcha unha intervención de post-emerxencia no Haití.



 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>