Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O grupo Norvento instalará unha planta de biomasa forestal no polígono verinense de Tamagos
O grupo Norvento instalará unha planta de biomasa forestal no polígono verinense de Tamagos PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 23 Decembro 2010 14:47

O alcalde do Concello de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, e o responsable de biomasa do Grupo Norvento, Miguel Ángel Balboa Murias, presentaron esta mañá a instalación da planta de biomasa forestal Verín – A Limia no polígono de Tamagos (Verín)

Esta nova central ,destinada a produción de enerxía termoeléctrica a partir da combusión de biomasa forestal, terá unha potencia de verquido á rede de cinco megavatios eléctrico que xerará unha produción de 39.000 por hora ao ano, “a pesar de ser unha potencia pequena supón, aproximadamente, a demanda eléctrica duns catro mil fogares, é dicir, en torno a 11.000 persoas”, subliñou Balboa Murias. Para acadar esta produción anual “o consumo de biomasa forestal ascendería a 61.000 toneladas ao año, procedentes de actividades silvícolas e aproveitamentos forestais, desbroces en monte e limpeza de viarios”, engadiu o responsable de biomasa de Norvento.

A zona de influencia desta central de biomasa serán os concellos pertencentes ás comarcas de Verín e Xinzo de Limia, así como a zona de Chaves, que tamén obterá beneficios en canto a aproveitamento e loxística de subministro de material.. O presuposto de execución é de 12.721.000 euros, “o que supón un ratio de case tres millóns de euros por megavatio eléctrico instalado”, indicou Balboa Murias, e xerará 15 empregos directos asociados á propia central, e 85 empregos directos ligados ao aproveitamento en monte, transporte e loxística da biomasa forestal e servizos auxiliares. “Unha magnífica noticia para o noso municipio e comarca”, destacou o rexedor municipal, “xa que revela a aposta de Norvento por Verín, nestes tempos de crise, que se converterá na primeira industria instalada no parque empresarial de Tamagos”.

A mesma contará cunha zona inicial de recepción, tratamento e almacenamento do material, que pode chegar en forma de astillas ou pacas, tratamento de agua, depuración de gases de combustión, sistema de refrixeración mediante torres abertas, equipos de maniobra e control. “O silo de alimentación envía a biomasa cara unha zona de traballo, onde estaría a caldeira e turbina, que funciona cun ciclo de vapor de auga quente a través dun circuíto”, afirmou o responsable de Norvento, e que tamén contará cunha área administrativa e, “a posibiidade de instalar unha zona divulgativa que recolla as vantaxes desta enerxía e das renovables en xeral”.

A instalación desta planta de biomasa lógrase “tras un amplo e esixente proceso de tramitación administrativa”, recordou Jiménez Morán. O mesmo iniciouse tras a publicación do Decreto 149/2008 de 26 de xuño, polo que se regula o procedemento de autorización das instalacións de produción de enerxía eléctrica a partir da valorización enerxética da biomasa forestal primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.

Nese mesmo ano, o 25 de novembro publícase no Diario Oficial de Galicia a Orde do 14 de novembro de 2008 da Consellería de Innovación e Industria, pola que se determina o obxectivo de potencia máxima en megawatts para tramitar no período 2008-2012 e se abre o prazo para a presentación de solicitudes de autorización de centrais de biomasa, e que permite a apertura do prazo de tres meses para a presentación de solicitudes de autorización de plantas de xeración eléctrica a partir de biomasa forestal. O 25 de febreiro de 2009, ao amparo desta normativa, Norvento Biomasa, S.L presenta ante devandita Consellería a solicitude de autorización administrativa para o proxecto Planta de Biomasa Forestal AXB Verín- A Limia. Na resolución do 30 de abril de 2010, a Consellería de Economía e Industria aproba a relación de anteproxectos de instalación de centrais de biomasa seleccionados conforme a Orde de 14 de novembro de 2009, entre os que se atopa devandito proxecto. O 12 de novembro de 2010, esta empresa presenta no Departamento Territorial de Ourense desta Consellería a solicitude de autorización administrativa e aprobación do proxecto técnico de execución, “que está en proceso de exposición pública ata o 17 de xaneiro”, indica Balboa Murias, “con posterioridade remitirase á Dirección Xeral de Industria para que aprobe o proxecto de execución e academos a autorización pertinente no primeiro trimestre de 2010”.

Con respeto aos once proxectos de centrais de biomasa na comunidade autónoma de Galicia, na provincia de Ourense ademais do de Norvento Biomasa S.L., aprobáronse un de Cespa en Ribadavia (5 Mwe) e outro en A Veiga do grupo San José (0,98 Mwe).

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>