Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O CRA Monterrei, gañador do concurso do cartel ‘Desfile de Nenos e Nenas’
O CRA Monterrei, gañador do concurso do cartel ‘Desfile de Nenos e Nenas’ PDF Imprimir Correo-e
Venres, 28 Xaneiro 2011 14:01

A Delegación Municipal de Festexos do Concello de Verín promoveu, por cuarto ano consecutivo, un concurso para seleccionar o cartel oficial do “Desfile de Nenos e Nenas”. Nesta edición participaron o CEIP Castrelo do Val, Colexio María Inmaculada e Colexio Rural Agrupado Monterrei. Cada un deles estivo representado por un máximo de tres traballos inéditos, orixinais e non premiados en ningún concurso anterior.


O xurado cualificador, composto por un representante de cada centro e por un membro designado polo Concello, escolleron tres carteis dos presentados - aos que lles outorgaron tres, dous e un punto-. Nesta ocasión o cartel participante que obtivo máis puntuación foi realizado polos/as alumnos/as do Colexio Rural Agrupado Monterrei.

O premio consiste na edición do cartel seleccionado e na entrega dun vale de 300 euros para material deportivo e escolar -a adquirir en establecementos do Concello de Verín-.


 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>