Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Encontro e Obradoiro dos Axóuxeres en Verín
Encontro e Obradoiro dos Axóuxeres en Verín PDF Imprimir Correo-e
Martes, 08 Febreiro 2011 10:52

Durante os meses de febreiro e marzo, o municipio de Verín a realización dun Encontro e Obradoiro dos Axóuxeres, un programa da Secretaría Xeral de Política Lingüística para bebés e familias, que percorrerá 12 localidades das catro provincias galegas desde o 30 de xaneiro ata o 20 de marzo.

O Encontro dos Axóuxeres terá lugar o sábado 26 de febreiro, ás 12 horas, no ximnasio do CEIP Amaro Refojo. Este encontro é un espectáculo participativo dunha hora de duración que conxuga a música, as cantigas, o teatro e os xogos. Os bebés de 0 a 3 anos (aínda que tamén se admite a inscrición de menores de 6 anos)  e as familias que participen terán ocasión de axudar ao avó de Eli a atopar o caderno onde garda os debuxos, as cantigas, os xogos e as adiviñas de cando el era neno. Eli e o seu avó, papel que interpreta o actor Xosé Manuel Olveira Pico, realizarán unha divertida viaxe para recuperar o caderno acompañados de Totó, un boneco de cor azul que está a aprender as súas primeiras palabras. Mentres buscan o caderno, o avó, Eli e Totó cantarán cos nenos e nenas e as súas familias cantigas tradicionais como “A vaca Marela” ou “A saia da Carolina” e gozarán aprendéndolles aos máis pequenos divertidos xogos populares cos que terán ocasión de entreterse despois nas súas casas.

A entrada é de balde até completar aforo (75 familias). Os postos ocúpanse por orde de chamada. As reservas  fanse de luns a venres, das 9 ás 16 h, no teléfono 686 160 879.

Mentres que Obradoiros dos Axóuxeres será o sábado 12 de marzo, de 17.30 a 19 horas, na sala de aeróbic da Piscina Climatizada. Devanditos obradoiros son actividades pensadas para formar aos pais de bebés. Combinan un pequeno curso de técnicas de masaxe infantil, con música, cantigas de arrolo tradicionais galegas e xogos de iniciación. Buscan a transmisión do afecto, tan importante no desenvolvemento dos máis pequenos. Os aloumiños, as miradas, a música e as palabras poden ser vías complementarias para afondar na relación familiar.

A entrada tamén é de balde até completar aforo (15 familias en cada un dos dous obradoiros). Os postos ocúpanse por orde de chamada. As reservas  fanse, a partir do día 26 de febreiro, de luns a venres, das 9 ás 16 h, no teléfono 630 230 338.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>