Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Telefonía móbil, fixa e internet encabezan o número de reclamacións do ano 2010 na Oficina de Consumo de Verín
Telefonía móbil, fixa e internet encabezan o número de reclamacións do ano 2010 na Oficina de Consumo de Verín PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 09 Febreiro 2011 10:34

A Oficina de Consumo de Verín (OMIC), dependente do Concello de Verín, pecha o ano 2010 coa tramitación de 517 expedientes. Deste total, 224 foron presentadas ao Instituto Galego de Consumo, 38 reclamacións de subministro eléctrico trasladadas á Consellería de Innovación e Industria, 94 resolvéronse por mediación chegando a unha resolución amistosa do conflito e 161 corresponderon a consultas.


Unha vez máis o sector das telecomunicacións é o sector que máis queixas e consultas suscita entre os/as veciños/as de Verín e comarca. Recibíronse un total de 121 reclamacións (teléfono móbil, fixo e internet) A maioría relacionadas con negativas e atrasos a dar de baixa certos servizos, dificultade que ofrecen as compañías para proceder a portabilidade a outra empresa, cláusula de permanencia en contratos individuais, atrasos na entrega do terminal, activación de servizos non solicitados, penalizacións inxustificadas, modificacións nas condicións de contrato, publicidade enganosa, deficiencia nos servizos, e moi especialmente, disconformidade coa facturación. En internet, as queixas centráronse na baixa dos servizos e non aplicar as tarifas contratadas. As grandes empresas de telefonía soen facer caso omiso, polo que hai que recorrer a instancias superiores, neste caso o sistema arbitral de consumo, un medio para resolver conflitos entre o provedor dun servizo e o consumidor final “que é paralelo a xustiza ordinaria, gratuíto e rápido”. A este sistema trasladáronse as 121 reclamacións das cales 98 solucionáronse a favor do consumidor.

O máis significativo é o descenso de consultas e reclamacións sobre as compañías eléctricas que, no ano 2009, sufriu un enorme incremento debido ao cambio de normativa. Con todo, ocupan o segundo lugar do ranking, sobre todo por discrepancias na cantidade a pagar e no período de facturación.  
Os bancos é o terceiro sector con máis queixas, fundamentalmente en motivos relacionados con comisións, descubertos en contas ou pago de hipotecas. Mentres que o transporte aéreo incrementou as consultas na OMIC, alcanzando o carto lugar debido a folga de controladores.

Outros dos sectores nos que se produciron reclamacións foron: seguros (vivenda e accidentes), negativa a atender os sinistros e disconformidade coas valoracións efectuadas sobre os danos sufridos nos bens, gas, reparación de vehículos, academias, electrodomésticos, transporte terrestre, produtos informáticos e correos.

Os sectores que recibiron menos número de consultas e queixas foron: vivenda, mobles, roupa, xoias, alimentación, gasolineiras, animais, clínicas dentais, calzados e axencias de viaxes.


 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>