Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home
Reunión histórica da sanidade transfronteiriza na Eurocidade Chaves - Verín PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 16 Marzo 2011 16:03

O vindeiro venres, 18 de marzo, na sala da presidencia da Câmara Municipal de Chaves, celebrarase a primeira reunión entre o Secretario de Estado de Portugal, Manuel Pizarro e a Conselleira de Sanidade da Xunta de Galicia, Pilar Farjas para avanzar na planificación conxunta de políticas sanitarias nos territorios de fronteira.

Na reunión estarán presentes, ademais dos citados, os alcaldes de Verín, Juan Jiménez e o de Chaves, João Batista, en calidade de dirixentes da Eurocidade, e o Secretario Xeral do Eixo Atlántico, Xoan Vázquez Mao, impulsor da reunión. Na orde do día prevese que se aborden temas de gran importancia para a mellora da calidade de vida dos cidadáns dos territorios de fronteira, tales como a posible coordinación dos hospitais de Chaves e Verín e a planificación conxunta de servizos sanitarios nos devanditos ámbitos.

A Eurocidade Chaves-Verín ten o obxectivo, xa exposto na súa axenda estratéxica, de transformar a rede sanitaria de ambos os municipios nunha verdadeira cidade da saúde. Para iso, contamos son o apoio e impulso institucional do Eixo Atlántico, a Xunta de Galicia e a CCDR-N que posibilitan que a asimetría institucional presente entre os dous países sexa superada, non só en prol da planificación e a posibilidade de compartir recursos e servizos entre os dous municipios, senón tamén en situarnos como un exemplo de cooperación trasnfronteriza sanitaria na Unión Europea. É por iso, que a importancia desta primeira reunión entre os máximos representantes da saúde de ambos os países sexa vital para seguir cumprindo obxectivos para chegar a compartir “sen barreiras” servizos sanitarios que permitan aumentar a mobilidade e a calidade de vida neste territorio raiano.

 
?>