Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Manualidades e contacontos, na Biblioteca Pública Municipal de Verín, para os alumnos do CEIP Princesa de España
Manualidades e contacontos, na Biblioteca Pública Municipal de Verín, para os alumnos do CEIP Princesa de España PDF Imprimir Correo-e
Venres, 18 Marzo 2011 10:26

Nas xornadas do 22 e 23 de marzo, os/as nenos/as do CEIP Princesa de España de Verín asistirán a sesións de manualidades e contacontos na Biblioteca Pública Municipal de Verín.

Máis de cen alumnos/as deste centro escolar da vila acudirán a estas instalacións municipais para coñecer o servizo bibliotecario e funcionamento do mesmo; así como, as diferentes actividades educativas e lúdicas que se programan ao longo do ano. Todas elas destinadas a fomentar o interese pola lectura e cultura nos/as nenos/as do municipio, dinamizar a biblioteca e propiciar a labor de voluntariado entre os/as usuarios/as da mesma.

Esta visita constitúe a terceira destas características, organizada pola Biblioteca de Verín, xa que no pasado ano acudiron os/as alumnos/as do Colexio Rural Agrupado de Monterrei e Colexio María Inmaculada.


 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>