Desde o departamento de Servizos Sociais do Concello de Verín infórmase da publicación da resolución de Axudas individuais destinadas á promoción da autonomía persoal e accesibilidade.
Estas axudas individuais, de caracter non periódico, persoas en situación de dependencia empadroadas en Galicia, co fin de colaborar en determinados gastos realizados no ano 2011, con efectos do 1 de xaneiro, destinados a: - Axudas técnicas ou produtos de apoio para o normal desenvolvemento da vida diaria. - Adaptacións funcionais do fogar e eliminación de barreiras arquitectónicas e de comunicación no interior da vivenda. - Adquisición de próteses dentais e audífonos. As persoas beneficiarias: 1. Persoas que teñan recoñecida a situación de dependencia nos seguintes graos e niveis: - Grao III, niveis 1 e 2. - Grao II, nivel 1 e 2. 2. Persoas que teñan solicitado o recoñecemento da situación de dependencia con anterioridade á data de publicación desta orde, sempre que lles sexa recoñecida en calquera dos graos e niveis anteriores.
Requisitos: 1. Residir na Comunidade Autónoma de Galicia. 2. Que a axuda solicitada derive do grao e nivel de dependencia recoñecido. 3. Que a axuda solicitada non estea incluída no eido doutras liñas de protección social ou sanitaria, agás o disposto para as persoas en situación de dependenncia 4. Que a renda per cápita da unidade familiar da que forma parte non supere as seguintes cantidades(*): - Ata o 175% do IPREM para o ano 2011, cando estea constituída por un só membro. - Ata o 150% do IPREM cando a unidade familiar estea constituída por dous membros. - Ata o 125% do IPREM, cando esté constituída por 3 ou máis membros. Actuacións subvencionables e axudas: - Adaptación funcional do fogar: ata 3.000 euros. - Eliminación de barreiras arquitectónicas e de comunicación no interior da vivenda: ata 3.000 euros. - Próteses dentais: ata 500 euros. - Audífonos, non previstos no sistema sanitario: 800 euros. - Axudas técnicas para aseo e hixiene persoal. - Axudas técnicas para alimentación. - Axudas técnicas para mobilidade, posicionamento e protección persoal. - Axudas técnicas para comunicación. - Produtos de apoio para o acceso ás tecnoloxías da información e comunicación (TIC). - Axudas técnicas para persoas con discapacidade auditiva. - Axudas técnicas para persoas con discapacidade visual.
O prazo de presentación de solicitudes finaliza o 28 de abril de 2011. Para máis información e tramitación, de forma gratuíta, deben dirixirse á oficina de Servizos Sociais, situada na Casa da Xuventude (Avda. de Portugal, 11), ou no teléfono 988-414776.
|