Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home
6ª Edición do Programa de Termalismo Social Eurocidade Chaves - Verín PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 24 Marzo 2011 12:47

A Eurocidade Chaves-Verín pon en funcionamento a sexta edición do Programa de Termalismo Social, entre os días 28 de marzo e 9 de abril, que permitirá a un mínimo de 25 persoas da comarca de Verín-Monterrei acudir ás Temas de Chaves –Spa do Imperador, beneficiándose dun desconto especial.  

Unha iniciativa creada para dar continuidade ao programa de turismo de benestar e saúde sen saír da casa, e que foi posible grazas á firma dun protocolo entre a empresa municipal que xestiona as Termas de Chaves e o Concello de Verín, polo que os/as veciños/as de Verín xa contan cos mesmos prezos que os de Chaves para o uso das Termas. Uns beneficios, xunto con outros, englobados na Tarxeta do Eurocidadán, que se presentará en breve, e que permitirá que os habitantes de ambos municipios teñan acceso a servizos nas mesmas condicións que na súa localidade, impulsando un incremento na calidade de vida.

Esta sexta edición permitirá que as persoas maiores de 50 anos acudan durante nove días -exceptuando o domingo-, facendo o tratamento que, en cada caso, o médico hidroloxista lles prescriba na consulta, que se realizará no primeiro día. O valor do paquete desde 125 euros, segundo a tipoloxía e o número de tratamentos que o participante decida adherir, tras a consulta médica e respectiva prescrición clínica. O participante terá acceso á prácticas termais que constan na táboa dos Programas de Termalismo Terapéutico en vigor, cun desconto do 50% sobre o prezo oficial.

No paquete inclúese: transporte en autobús ata as Termas de Chaves e regreso a Verín, consulta de médico e acompañamento de enfermería, material necesario para acceder aos tratamentos termais (chanclas, gorro e bolsa), así como albornoz e toallas durante os tratamentos.

As inscricións poden realizarse ata mañá 25 de marzo, no Gabinete de Apoio Técnico da Eurocidade, situado no Concello de Verín (de 9 a 14 horas), efectuando unha reserva de 25 euros non reembolsable.

A Eurocidade Chaves - Verín é un proxecto de cooperación transfronteiriza aprobado no ámbito do Programa de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal (POCTEP), coa participación financeira da Unión Europea (co-financiamento FEDER).

 
?>