Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home
Galicia e Portugal debaten un acordo transfronteirizo para reforzar a cooperación na área da saúde na Eurocidade Chaves-Verín PDF Imprimir Correo-e
Martes, 30 Novembro 1999 01:00

A conselleira de Sanidade de Xunta da Galicia, Pilar Farjas, e o secretario de Estado adxunto e da saúde, Manuel Pizarro, reunironse hoxe, en Chaves, para abordar a coordinación dos servizos de saúde transfronteirizos.

No contexto do acordo, entre España e Portugal, ambas administracións se comprometeron a levar a cabo actuacións en materia de saúde. Como primeiro paso crearanse dúas comisións, unha xeral para caracterizar os servizos de saúde na zona transfronteiriza, Galiza - Norte de Portugal, e outra especifica dedicada á Eurocidade Chaves-Verín. Despois desa análise e caracterización ambas as administracións esforzaranse para promover acordos de cooperación entre os servizos de saúde de ambos lados, para que de modo conxunto preste un mellor servizo aos cidadáns. Na reunión, participaron o presidente de Chaves e o alcalde de Verín, João Batista e Juan Jiménez, entre outras personalidades.

A conselleira de Sanidade e o secretario de Estado adxunto e da saúde, Manuel Pizarro, destacaron positivamente esta reunión, considerándoa de moito interese para a cooperación entre as estruturas e recursos sanitarios da rexión norte de Portugal e Galiza. Para Pilar Farjas, o máis importante é asegurar un acceso de calidade á saúde nas zonas fronteirizas e garantir a continuidade dunha rápida asistencia para os cidadáns das referidas localidades.

Entre os temas abordados, poden destacarse a formación profesional e a posibilidade dos alumnos para realizar a correspondente formación práctica no país veciño, o reforzo e a coordinación do transporte de saúde urxente e a complementaridade entre os centros hospitalarios. Neste sentido, os próximos días será asinado un memorando de entendemento entre ambas administracións, que planificará e establecerá as liñas estratéxicas para o futuro traballo a desenvolver.

Todo co obxecto de que, nun futuro próximo, poida existir unha planificación e coordinación conxunta dos servizos de saúde do territorio, sen ter en conta a fronteira, como é o caso dos servizos de emerxencia e a actuación complementaria entre os servizos de saúde.

 
?>