Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home
Setenta e un participantes na Fase Local do Torneo de Natación PDF Imprimir Correo-e
Luns, 28 Marzo 2011 12:14

Un total de setenta e un nenos/as de Verín participaron, o pasado 26 de marzo, na Fase Local do Torneo de Natación organizado por Xogade (Xogos Galegos Deportivos) e o Servizo de Deportes do Concello de Verín.


Esta competición estaba dirixida a nadadores de ambos sexos, sen licenza federativa en vigor -a excepción da Licenza da Escola de Natación-, nas categorías de benxamín -nados nos anos 2001 e 2002- e alevín -1999 e 2000-, e que competiron individualmente nas seguintes probas: 25 metros bolboreta benxamín, 50 metros bolboreta alevín, 25 metros costas benxamín, 50 metros costas alevín, 25 metros braza benxamín, 50 metros braza alevín, 25 metros crol benxamín, 50 metros crol alevín, 4x25 metros estilos benxamín e 4x50 metros estilos alevín.

Os/as vencedores/as das probas foron:
- Masculino benxamín crol: Xabier Álvarez Álvarez (1º), Daniel Gonçalves Alves (2º), Ramón Prieto Cid (3º).
- Feminino benxamín crol: Marta Caneiro Losada (1º), Ana Reigada Vega (2º), Paula Carnero Rodríguez (3º).
- Masculino benxamín costas: Alfonso Ruggiero García (1º), Abel Lorenzo Besteiro (2º), Ramón Prieto Cid (3º).
- Feminino benxamín costas: Marta Caneiro Losada (1º), Carla Domínguez Costa (2º), Eva Diéguez Vila (3º).
- Masculino benxamín braza: Xabier Álvarez Álvarez (1º), Abel Lorenzo Besteiro (2º), Ramón Prieto Cid (3º).
- Masculino alevín crol: Alberto Danta Arcos (1º), Carlos Eduardo de Dios Gualdrón (2º), Saúl Barja Álvarez (3º).
- Feminino alevín crol: Paula Paz Martínez (1º), Paula Fernández Pérez (2º), Blanca Prieto Cid (3º).
- Masculino alevín costas: Alberto Danta Arcos (1º), Saúl Barja Álvarez (2º).
-Feminino alevín costas: Blanca Prieto Cid (1º), Inés Afonso Cabido (2º), Paula Paz Martínez (3º).
- Masculino alevín braza: Alberto Danta Arcos (1º).
- Feminino alevín braza: Paula Fernández Pérez (1º), Andrea Fernández Pérez (2º), Inés Afonso Cabido (3º).

Ao rematar as probas, o concelleiro de Deportes, Víctor Manuel Baladrón Lamas, e o coordinador dos cursos de natación , Manuel Chaves Rivero, entregaron medallas e material deportivo a todos/as participantes.

Neste Torneo de Natación terán lugar as seguintes fases: local -realizada o pasado 26 de marzo-,  provincial -o vindeiro 7 de maio na Piscina Climatizada de Verín- e rexional -só na categoría alevín e no mes de maio de 2011-.

 
?>