Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas
Últimas
O Concello de Verín finaliza a tramitación da súa actuación máis ambiciosa no casco vello desde as reformas propiciadas por García Barbón PDF Imprimir Correo-e
Venres, 07 Novembro 2025 12:11

O Pleno do Concello de Verín rematou hoxe coa complexa tramitación administrativa que permitirá abordar humanización da contorna da Igrexa Parroquial de Santa María a Maior, creando unha gran zona verde ao seu arredor que conectará a Alameda e a Rúa Maior con 4.500 m² de zona verde. En palabras do goberno municipal, “esta actuación ten un sentido histórico, xa que se trata da máis ambiciosa no casco vello desde que, hai máis dun século, o filántropo García Barbón financiou a ampliación da Praza que hoxe leva o seu nome, así como a reforma da propia Igrexa”.

Ler máis...
 
O Concello de Verín abre un proceso de contratación de persoal laboral temporal PDF Imprimir Correo-e
Venres, 07 Novembro 2025 11:57

O Concello de Verín vén de anunciar a apertura dun proceso de contratación laboral temporal co obxectivo de cubrir diferentes prazas vinculadas ao servizo de vías e obras municipais.

Ler máis...
 
O Concello abre o prazo de inscrición para os expositores da Feira de Nadal 2025 PDF Imprimir Correo-e
Martes, 04 Novembro 2025 12:21

Os días 5, 6 e 7 de decembro, o Concello de Verín organiza na Praza Maior a súa Feira de Nadal. As persoas interesadas en participar na mesma deberán enviar a organización as ideas e propostas do seu produto así como da decoración do seu stand. A temática do mesmo deberá estar sempre relacionada co Nadal.

Ler máis...
 
Verín recibe unha camisola asinada por Pelé nun acto histórico que simboliza a unión entre a vila e o mito universal do fútbol PDF Imprimir Correo-e
Sábado, 25 Outubro 2025 12:32

O Concello de Verín acolleu este venres, 24 de outubro, no Salón de Actos da Casa da Cultura, un acto histórico de recoñecemento a Edson Arantes do Nascimento “Pelé”, o considerado mellor futbolista de todos os tempos. Durante o evento, José “Pepito” Fornos —mánager e home de confianza do astro brasileiro durante máis de cincuenta anos— fixo entrega ao Verín F.C. da camisola oficial da Selección Brasileira asinada e adicada polo propio Pelé, un agasallo cargado de simbolismo que representa a unión entre o “rei do fútbol”, o deporte galego e a vila de Verín.

Ler máis...
 
A Biblioteca Pública Municipal de Verín recibe o Galardón María Moliner 2025 polo proxecto sobre a pioneira investigación psicolóxica de Eloy Luis André PDF Imprimir Correo-e
Venres, 24 Outubro 2025 12:52

A Biblioteca Pública Municipal de Verín vén de ser galardoada, un ano máis, nos Premios María Moliner de Animación á Lectura 2025, outorgados polo Ministerio de Cultura e Deporte a través da Subdirección Xeral de Coordinación Bibliotecaria. Estes premios recoñecen anualmente os mellores proxectos das bibliotecas municipais españolas destinados a fomentar a lectura, promover a inclusión social e impulsar a participación cidadá na vida cultural.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 1 de 810
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Axudas Paneis Fotovoltaicos


Guía da Comarca de Verín





Solicitude de Participación

















En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>