|
O Concello de Verín abre o prazo de inscrición para a XVI Escola de Verán |
|
|
|
Xoves, 05 Xuño 2025 23:17 |
Verín, 4 de xuño de 2025.
A Área de Deportes do Concello de Verín pon en marcha unha nova edición da Escola de Verán, unha das actividades máis agardadas polas familias verinesas. A XVI Escola de Verán desenvolverase do 23 de xuño ao 5 de setembro e está dirixida a nenos e nenas de entre 4 e 15 anos.
Trátase dun programa lúdico-deportivo que busca fomentar a igualdade, a convivencia e o deporte mediante xogos coeducativos, torneos competitivos, saídas pola contorna, días temáticos, excursións, cine, teatro, danza, bailes urbanos, obradoiros e visitas diarias ás piscinas descubertas de A Granxa. Nesta edición destacan importantes novidades como:
• A ampliación dos grupos de fútbol aos 5 días da semana. • A incorporación de cursiños de natación por quendas para os nenos que máis o precisen. • Novos destinos nas excursións. • Maior variedade nas disciplinas deportivas e nas actividades competitivas. |
Ler máis...
|
O Concello de Verín publica novas ofertas de emprego para o verán de 2025 |
|
|
|
Mércores, 28 Maio 2025 19:56 |
O Concello de Verín vén de anunciar a apertura do prazo de presentación de instancias para cubrir diversas prazas de persoal laboral temporal durante a tempada estival de 2025. As contratacións están dirixidas a reforzar os servizos municipais relacionados co ocio, a seguridade acuática e as actividades deportivas infantís. |
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>
|
Páxina 3 de 806 |