O Concello de Verín, en colaboración coa Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) da Xunta de Galicia, anima á veciñanza a participar na nova campaña de doazón de sangue que terá lugar na nosa vila.
Aviso importante | Incendios na comarca de Monterrei
Martes, 19 Agosto 2025 18:06
O Concello de Verín informa, seguindo as indicacións de AXEGA 112, que nestes momentos non é preciso achegar máis material de emerxencia nin alimentos para as zonas afectadas polos incendios.
Suspensión de actividades culturais e deportivas en Verín pola vaga de lumes
Xoves, 14 Agosto 2025 11:02
Informamos que, por motivos de seguridade e en sinal de respecto, quedan suspendidas temporalmente todas as actividades culturais e determinadas actividades deportivasen Verín.
A seguinte acción social destinada á poboación de Chaves terá lugar durante a Feira do Viño de Monterrei
Mércores, 30 Xullo 2025 20:07
A próxima acción social enmarcada na programación "Descubre a Eurocidade Chaves-Verín – o outro lado que tamén é noso", terá lugar o sábado 9 de agosto e está dirixida á poboación de Chaves. Esta edición coincide coa XVIII Feira do Viño de Monterrei que se celebra en Verín, onde se poderán degustar os mellores viños da comarca.
O ritmo da batucada toma as rúas de Verín un ano máis
Domingo, 20 Xullo 2025 17:47
A vila de Verín ultíma os preparativos para unha nova edición da súa xa consolidada Festa da Batucada, que se celebrará os días 24, 25 e 26 de xullo, cun completo programa dirixido a públicos de todas as idades e que aposta por unha oferta cultural, musical e lúdica diversa, participativa e ao aire libre.