O salón de plenos do Concello de Verín acolleu, na mañá de hoxe, a sinatura da orde da aprobación definitiva do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Verín, converténdose no primeiro municipio desta IX Lexislatura en acadar devandita aprobación.
A Casa da Cultura de Verín acolle mañá 8 de decembro, ás 18.30 horas, a actividade do Encontro dixital dos Axóuxeres, enfocada a nenos/as de máis de 3 anos de idade.
Conferencia sobre a Constitución de 1812 na Casa da Cultura
Venres, 07 Decembro 2012 11:44
O vindeiro luns 10 de decembro, ás 20 horas, na Casa da Cultura de Verín, José Agustín González-Ares Fernández pronunciará a conferencia Eloxio e recordo da Constitución de 1812 no bicentenario da súa promulgación.
Cincuenta alumnos do Colexio María Inmaculada visitan a Biblioteca de Verín
Martes, 04 Decembro 2012 14:52
Na xornada de hoxe cincuenta alumnos/as de 1º de Primaria do Colexio María Inmaculada visitaron a Biblioteca Pública Municipal de Verín, dentro do programa de actividades organizadas ao longo do curso escolar por esta instalación.
O Fondo Galego de Cooperación celebra 15 anos de compromiso local coa solidariedade internacional
Mércores, 28 Novembro 2012 13:11
O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade celebra 15 anos de compromiso cos Dereitos Humanos cun gran evento en Santiago de Compostela este venres día 30. O edificio Cersia, situado en San Lázaro, acollerá a partir das 12.30 horas un acto conducido pola actriz Mariana Carballal. Previamente, desde as 9 da mañá, terán lugar as VII Xornadas de Cooperación: 15 anos comprometéndonos coa solidariedade.