‘Samhain’ na Biblioteca Pública Municipal de Verín
Xoves, 25 Outubro 2012 10:00
Con motivo da celebración do ‘Samhain’, máis coñecida pola súa versión anglo-americana do Halloween -do vocábulo All Hallow´s Eve (Noite de Todos os Santos)-, a Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín realizará, nesta nova edición, as seguintes actividades:
O Fondo Galego cofinancia proxectos propios e de ONGD en Nicaragua, Honduras, Cuba e India
Xoves, 25 Outubro 2012 08:57
O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade asinou esta mañá con catro ONG os convenios para cofinanciar outros tantos proxectos de cooperación en países do Sur. A resolución da convocatoria de proxectos de 2012, aprobada na última Asemblea xeral, inclúe ademais senllas actuacións de cooperación directa da entidade cos seus parceiros en terreo.
A Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín organiza, con motivo da celebración do ‘Día Internacional das Bibliotecas’, unha actividade cultural o vindeiro mércores 24 de outubro, de 18 a 19.30 horas, enmarcada dentro da programación de actuacións destinadas ao fomento da lectura.
Alcaldías alemás interésanse pola cooperación municipalista do Fondo Galego en Nicaragua
Xoves, 18 Outubro 2012 08:51
O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade comparte esta semana con municipios e ONGD de Alemaña a súa experiencia en Nicaragua. O secretario da entidade, Daniel González Palau, viaxa mañá xoves á cidade xermana de Wuppertal convidado por Fine+p, organización parceira do proxecto europeo ‘Redes para o desenvolvemento’, onde o Fondo Galego asesora a Portugal e Alemaña na promoción das súas redes de cooperación descentralizada, na procura dun maior impacto e eficacia nos procesos de cooperación internacional que nacen do poder local.
Catro novos cursos de informática na Aula CeMIT de Verín
Martes, 16 Outubro 2012 12:17
A aula Multimedia do Concello de Verín programa catro novos cursos de informática para o mes de novembro, que terán lugar na Aula CeMIT da Casa da Xuventude de Verín.