A Escola Cooperativa Móbil visita Verín para divulgar a fórmula do cooperativismo
Luns, 15 Outubro 2012 11:14
A Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección Xeral de Relacións Laborais e coa colaboración dos concellos de Verín, Riós, Vilardevós e A Gudiña, achega a Verín a Escola Cooperativa Móbil, dentro da súa labor de fomento e promoción do cooperativismo.
Máis de 40 Concellos celebran con actividades o 15º aniversario do Fondo Galego de Cooperación
Xoves, 11 Outubro 2012 08:25
Máis de 40 Concellos socios do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade acollerán ata o mes de decembro contacontos, charlas, cine ou exposicións, nun ano ateigado de actividades para celebrar o 15º aniversario da entidade. O 30 de novembro terá lugar en Santiago de Compostela o acto central, un evento que incluirá debates, premios, proxeccións e teatro para conmemorar tres lustros de compromiso das administracións locais e provinciais de Galicia co desenvolvemento humano.
A Casa do Escudo de Verín acolle, do 10 ao 16 de outubro, a exposición 'IntegrArte', organizada pola delegación de Verín da Asociación de Familiares e Enfermos Mentais Morea.
O vindeiro xoves 11 de outubro, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín programa a iniciativa 'Contos de Caracois' no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal.
O vindeiro venres 05 de outubro, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín programa a iniciativa 'Contos de Dragóns', no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal.