Traballadoras dos Concellos de Ourense, Malpica e Soutomaior cooperan en Nicaragua e Cabo Verde
Martes, 25 Setembro 2012 12:46
Técnicas municipais de Ourense, Malpica de Bergantiños e Soutomaior viaxan esta semana a Nicaragua e Cabo Verde para colaborar con parceiros do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. Os tres municipios son socios da entidade e, polo tanto, os seus empregados e empregadas poden participar en Vacacións con Traballo, o programa de voluntariado internacional que promove o intercambio de experiencias e o coñecemento directo da realidade dos países do Sur.
O vindeiro domingo 30 de setembro, a localidade de Verín acollerá o I Circuíto de Andainas Saudables, coa realización dunha andaina de nove quilómetros, organizada polo Plan Galicia Saudable, Vegalsa-Eroski, a área de Deportes do Concello de Verín e Asociación Ruta das Augas.
O vindeiro venres 28 de setembro, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín programa a iniciativa 'Mar de Marionetas', no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal.
'Los muertos van deprisa' na Casa da Cultura de Verín
Luns, 24 Setembro 2012 12:38
O xoves día 27 de setembro ás oito da tarde proxectase na Casa da Cultura de Verín a comedia 'Los muertos van deprisa', do guionista e director Ángel de la Cruz, que gañou tres premios Goya, e que é a longametraxe máis premiada do cine galego, con nove premios Mestre Mateo da Academia Galega do Audiovisual.
En cumprimento do que dispón a lexislación electoral, o Pleno do Concello de Verín efectuou o sorteo para a formación das mesas electorais que teñen que actuar nas eleccións ao Parlamento de Galicia o vindeiro 21 de outubro de 2012, cos seguintes resultados: