O vindeiro martes 21 de agosto o ‘Tour Experiencias Galicia Calidade’ desprázase ata Verín, co obxecto de amosar a veciños e visitantes os mellores produtos etiquetados coa garantía das marcas galegas máis prestixiosas
A partir das 22.30 horas, a praza García Barbón de Verín acollerá mañá 15 de agosto a XXIX Xornadas do Folclore, no que estarán representadas América, Asia e Europa, a través das actuacións de Qhaswa (Perú), Sentires (Arxentina), Folk Dance Group T-TA Paramadina (Indonesia) e Folk Dance Ensemble Stanitsa (Rusia-Krais de Kransnodar).
Recital de María del Carmen Rodríguez Rotsita e José Tizado na Casa da Cultura de Verín
Luns, 13 Agosto 2012 13:29
A Casa da Cultura de Verín acollerá mañá 14 de agosto, ás 20 horas, o recital poético de María del Carmen Rodríguez Rotsita e o vate pontevedrés José Tizado.
‘Sin Nombre’ e ‘Los Campeones’ acadan os primeiros postos do IV Campionato de Fútbol 3 x 3
Venres, 10 Agosto 2012 13:34
Os equipos ‘Sin Nombre’ e ‘Los Campeones’ acadaron os primeiros postos nas súas respectivas categorías, alevín e benxamín, na cuarta edición do Campionato de Fútbol 3 x 3, organizado pola área de Mocidade, Deporte e Festexos do Concello de Verín.
Exposición 'Acuarelas de Damián Contreras' en Verín
Xoves, 09 Agosto 2012 11:01
A Casa do Escudo de Verín acolle do 11 de agosto ao 10 de setembro a exposición 'Acuarelas de Damián Contreras', do artista plástico verinense Damián Contreras.