O Concello de Verín e o Centro de Transfusión de Galicia impulsan a participación dos veciños e veciñas na doazón de sangue |
|
|
|
Luns, 02 Xullo 2012 11:35 |
O Concello de Verín e o Centro de Transfusión de Galicia (CTG), impulsan unha iniciativa que ten como obxectivo promover a participación dos veciños e veciñas nas campañas de doazón de sangue, e deste xeito garanti-lo correcto desenvolvemento do labor asistencial nos centros sanitarios galegos, que van a precisar ó redor de 40.000 doazóns de sangue nos meses de verán para cubrir todas as necesidades. |
Ler máis...
|
|
Conferencia-coloquio 'Trastornos da conduta alimentaria. Anorexia e bulimia nerviosa. Coñecelos, previlos, tratalos ' en Verín |
|
|
|
Venres, 22 Xuño 2012 13:20 |
O salón de actos da Casa de Cultura de Verín acolle o martes 26 de xuño, ás 20 horas, a conferencia-coloquio 'Trastornos da conduta alimentaria. Anorexia e bulimia nerviosa. Coñecelos, previlos, tratalos' de Jesús Pérez Hornero, psicólogo clínico e especialista da Unidade de Desordes da Alimentación do CHUS.
|
Ler máis...
|
'Festa Pirata' na Biblioteca de Verín |
|
|
|
Xoves, 21 Xuño 2012 13:22 |
Mañá venres, de 17.30 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín programa a iniciativa ‘Festa Pirata’, no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal.
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 631 632 633 634 635 636 637 638 639 640 Seguinte > Final >>
|
Páxina 635 de 774 |