Entradas gratuítas para o partido entre COB-Aguas de Sousas e Clínicas Rincón Axarquía
Martes, 04 Xaneiro 2011 19:32
A partir de mañá, 5 de xaneiro, os/as nenos/as verinenses afeccionados/as ao baloncesto poderán recoller, na oficina de información do Concello de Verín, entradas gratuítas para o partido de baloncesto entre o Club Ourense Baloncesto-Aguas de Sousas e Clínicas Rincón Axarquía.
O Concello de Verín conta cun novo vehículo de Protección Civil
Xoves, 30 Decembro 2010 15:42
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva Álvarez, e o alcalde do Concello de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, presentaron esta mañá o novo automóbil para o servizo de Protección Civil, cedido pola Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.
Con motivo das festas de Nadal e Fin de Ano, as dependencias administrativas do Concello de Verín permanecerán pechadas os días 24, 25, 31 de decembro e 1 de xaneiro.
O grupo Norvento instalará unha planta de biomasa forestal no polígono verinense de Tamagos
Xoves, 23 Decembro 2010 14:47
O alcalde do Concello de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, e o responsable de biomasa do Grupo Norvento, Miguel Ángel Balboa Murias, presentaron esta mañá a instalación da planta de biomasa forestal Verín – A Limia no polígono de Tamagos (Verín)
Conclúe o proxecto cofinanciado polo Fondo Galego para fortalecer a participación cidadá en Nicaragua
Mércores, 22 Decembro 2010 12:57
No municipio nicaraguano de Totogalpa vén de rematar o proxecto cofinanciado polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade para promover a participación cidadá. A entidade achegou 50.000 euros á proposta presentada pola ONGD Paz e Desenvolvemento en 2009 á convocatoria de subvencións para proxectos de cooperación internacional ao desenvolvemento. O Instituto de Promoción Humana (INPRUH), parceiro tradicional do Fondo Galego, implementou a iniciativa no terreo.