Editada en Verín unha colección de postais sobre o Entroido
Mércores, 18 Febreiro 2009 10:05
O Concello de Verín editou unha colección de 24 tarxetas postais sobre o Entroido, pensadas para invitar á participación nos festexos dun xeito orixinal. Támen aos que nos visitan durante as festas terán nesas postais un recordo do Entroido de Verín plasmada desde unha perspectiva artística.
Subvencións para adecuación dos establecementos comerciais ao seu contorno competitivo en desenvolvemento do Plan de renovación e mellora do comercio galego
Martes, 17 Febreiro 2009 11:37
Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da seguinte axuda: - Bases para a concesión de subvencións para adecuación dos establecementos comerciais ao seu contorno competitivo en desenvolvemento do Plan de renovación e mellora do comercio galego.
A Biblioteca Municipal de Verín acolle os días 19 e 20 de febreiro, desde as 18 ás 20 horas, un obradoiro de maquillaxe para nenos/as con idades comprendidas entre os 3 e 10 anos. A actividade, impartida por videoconferencia desde Ferrol, está organizada pola Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual-Cidades Dixitais e o Concello de Verín. Para participar nela é necesario inscribirse na propia Biblioteca Municipal.
Concerto de María do Ceo
Venres, 13 Febreiro 2009 17:59
A Casa da Cultura de Verín acollerá mañá 14 de febreiro, a partir das 23 horas, o acto de presentación do disco ‘No bico un cantar’, da fadista lusa María do Ceo. Este concerto está organizado polo Concello de Verín en colaboración coa Deputación de Ourense.
Experiencia piloto para a recollida selectiva de envases de vidrio nos establecementos hostaleiros
Venres, 13 Febreiro 2009 17:39
Nos próximos días, o Concello de Verín porá en marcha unha experiencia piloto para a recollida selectiva de envases de vidro nos establecementos hostaleiros da localidade, en colaboración con Ecovidrio, entidade encargada da xestión da reciclaxe dos residuos deste material en toda España.