O Concello de Verín visita as instalacións provisionais do cuartel da Garda Civil
Martes, 20 Agosto 2024 17:17
O alcalde do Concello de Verín, Gerardo Seoane, xunto con varios membros do goberno municipal, visitaron as instalacións provisionais do cuartel da Garda Civil, situadas na primeira planta da vella praza de abastos. Acompañaron ao subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, entre outras autoridades comarcais e mandos da Garda Civil.
Verín Express: O verinés Aitor Álvarez percorre 1.000 km con só 10€ ao día para chegar a Verín
Luns, 19 Agosto 2024 11:27
O Concello de Verín comparte con orgullo o lanzamento de "Verín Express", unha serie documental protagonizada polo mozo verinés Aitor Álvarez, publicada na súa canle de YouTube @TheWalkingAitor.
O C.B. Xuventude Verín abre as inscricións para as escolas de baloncesto da tempada 2024-2025
Luns, 19 Agosto 2024 11:22
O Club Baloncesto Xuventude Verín coa colaboración do Concello de Verín, anuncia a apertura das inscricións para as escolas de baloncesto para a tempada 2024-2025. Unha oportunidade fantástica para que nenos e nenas de todas as idades se sumen ao mundo do baloncesto desfrutando deste deporte en equipo.
A Asociación de Empresarios de Verín implícase outro ano máis activamente no desenvolvemento do FIC Vía XIV
Venres, 16 Agosto 2024 11:52
A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Verín, Aever, continúa a apoiar o FIC Vía XIV, dinamizando a vida cultural da vila a través da súa implicación directa. Este ano, Aever organiza un sorteo de Este ano, Aever organiza un sorteo de 5 entradas dobres para o monólogo "Aquí Tou", que será protagonizado polo coñecido actor e humorista galego Touriñán. O espectáculo terá lugar o próximo 31 de agosto ás 22:15 no Auditorio de Verín.
A última edición da Feira do Viño Monterrei clausurou con cifras históricas, tanto no número de asistentes como no de botellas e tickets-degustación vendidos.