Verín acollerá este sábado na Preguiza as IX Xornadas de Convivencia de Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil
Mércores, 25 Xuño 2025 13:00
Preto de 400 voluntarios e voluntarias pertencentes a máis de 60 agrupacións de Protección Civil de toda Galicia participarán este sábado, 28 de xuño, nas IX Xornadas de Convivencia de Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil, que se celebrarán na zona verde da Preguiza, en Verín. O evento, cun marcado carácter formativo e lúdico, busca recoñecer e poñer en valor a importante labor social e altruísta deste colectivo.
As piscinas descubertas de Verín abrirán ao público este sábado 21 de xuño
Mércores, 18 Xuño 2025 13:23
O Concello de Verín anuncia a apertura oficial das súas piscinas descubertas o vindeiro sábado 21 de xuño, dando así comezo á tempada estival 2025 cun espazo de lecer pensado para o disfrute de veciñanza e visitantes.
O Concello oferta un curso oficial, gratuíto para desempregados, de socorrismo en instalacións acuáticas
Martes, 17 Xuño 2025 12:35
O Concello de Verín impartirá un curso oficial, gratuíto para desempregados, de socorrismo en instalacións acuáticas.O mesmo terá lugar desde o 1 de xullo ata o 30 de setembro, en horario de 9:00 a 15:00 horas.
O Concello aposta por un modelo educativo integrador: gardería, colexio e servizos nun mesmo espazo
Luns, 16 Xuño 2025 13:06
O Pleno do Concello de Verín aprobou este luns, 16 de xuño, o inicio do proceso de desafectación do edificio do CEIP Princesa de España, paso previo e necesario para poder habilitar nel a futura gardería pública da vila. A decisión responde a criterios tanto de viabilidade técnica como de oportunidade estratéxica, e permitirá aproveitar os fondos europeos Next Generation concedidos á Xunta para a creación de prazas de educación infantil.
O Concello de Verín acolle o I Encontro de Mulleres Xitanas da comarca
Mércores, 11 Xuño 2025 14:37
O salón de actos do Concello de Verín acolleu o I Encontro de Mulleres Xitanas da comarca, unha xornada formativa e de convivencia na que se puxo en valor o papel da muller xitana na sociedade actual e se abordaron temas fundamentais como a igualdade de xénero, a inclusión social e o feminismo romaní.