AEVER lanza a quinta edición da campaña de fidelización “Os 6.000 de Verín”
Mércores, 13 Novembro 2024 13:11
A Asociación de Comerciantes de Verín (AEVER) presentou hoxe a quinta edición da campaña de fidelización “Os 6.000 de Verín”, destinada a fomentar a actividade comercial na vila durante a campaña de Nadal. No acto de presentación, celebrado na sede de AEVER, participaron o presidente da asociación, Santos Álvarez; o xerente, José Ángel Rodicio; e a concelleira de Comercio do Concello de Verín, Isabel González.
Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre chegan a Verín presentando o seu novo disco "Axúdame a sentir"
Martes, 12 Novembro 2024 13:16
O Auditorio de Verín prepárase para acoller a Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre nunha noite máxica de música e emoción. O concerto, que terá lugar o próximo 21 de decembro ás 20:30 horas, será unha oportunidade única para desfrutar en directo do novo traballo deste grupo que leva case unha década dignificando e recuperando a música tradicional galega.
O Concello de Verín Inicia un novo Plan Integral de Asfaltado de Rúas cun investimento de 648.000 Euros, comezando co acceso desde a N-532 ao polígono de Pazos
Xoves, 07 Novembro 2024 17:30
O Concello de Verín puxo en marcha un plan integral de asfaltado de rúas, cunha inversión total de 648.000 euros, cofinanciado pola Deputación de Ourense e fondos propios municipais. O proxecto, que inclúe intervencións en diversas vías principais da vila, arrancou esta semana coa pavimentación do acceso ao polígono industrial de Pazos, unha actuación que mellorará a conexión coa Nacional-532 e permitirá un acceso máis directo á zona industrial sen pasar polo centro urbano de Verín.
O Concello abre o prazo de inscrición para os expositores da Feira de Nadal 2024
Luns, 04 Novembro 2024 12:45
Os días 6, 7 e 8 de decembro, o Concello de Verín organiza na Praza Maior a súa Feira de Nadal. As persoas interesadas en participar na mesma deberán enviar a organización as ideas e propostas do seu produto así como da decoración do seu stand. A temática do mesmo deberá estar sempre relacionada co Nadal.
O Auditorio de Verín acolle unha mostra fotográfica sobre o Can de Palleiro
Luns, 04 Novembro 2024 11:40
Esta mañá, inaugurouse no Auditorio Municipal de Verín a exposición fotográfica dedicada á raza autóctona galega Can de Palleiro. Esta iniciativa, organizada polo Club de Raza Can de Palleiro en colaboración co Concello de Verín, ten como obxectivo sensibilizar e poñer en valor esta raza canina galega en perigo de extinción, destacando o seu papel histórico e cultural no medio rural de Galicia.