|
Nace “Lázaro Gastronómico”: tradición, innovación e sabor nunha nova proposta municipal |
|
|
|
Venres, 21 Marzo 2025 12:35 |
O Concello de Verín, a través da concellería de Feiras, presenta a primeira edición de “Lázaro Gastronómico”, unha proposta que nace coa vocación de converterse nun referente dentro da programación da Feira do Lázaro e consolidarse como cita clave na axenda culinaria da vila do Támega. |
Ler máis...
|
Verín acollerá un Concerto Solidario a favor de entidades sociais da comarca |
|
|
|
Mércores, 19 Marzo 2025 14:14 |
O vindeiro 29 de marzo, o Auditorio Municipal de Verín será o escenario dun Concerto Solidario, unha iniciativa do Conservatorio Profesional de Música de Verín e da sua ANPA en colaboración con diversas entidades sociais da comarca. O evento busca recadar fondos e dar visibilidade ao labor de organizacións Femuro, Cáritas, Cruz Vermella, CDR Portas Abertas e a Asociación Española Contra o Cancro. |
Ler máis...
|
A carreira de obstáculos “a revolta irmandiña”: o desafío que une patrimonio, deporte e cultura |
|
|
|
Martes, 18 Marzo 2025 17:49 |
Verín e Monterrei acollerán o vindeiro 22 de xuño a primeira edición de "A Revolta Irmandiña", unha proba de obstáculos que vai máis alá do deporte e se converte nunha experiencia inmersiva na historia e na paisaxe da comarca. Organizada polo colectivo KTORCE, esta carreira de obstáculos inspírase na Revolta Irmandiña do século XV para ofrecer un percorrido con máis de 30 obstáculos, onde os participantes se enfrontarán a probas que evocan o espírito de resistencia e loita dos Irmandiños. Esta iniciativa está patrocinada pola área de Deportes da Xunta de Galicia, a Deputación Provincial de Ourense e os Concellos de Verín e Monterrei. |
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>
|
Páxina 5 de 832 |