Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Concello de Verín
Pleno extraordinario – 20 de decembro PDF Imprimir Correo-e
Venres, 20 Decembro 2024 19:11

O Salón de Plenos do Concello de Verín acolleu esta mañá unha sesión extraordinaria na que se abordaron os seguintes puntos:

 

  1. 1. Aprobación da acta da sesión anterior
  2. 2. Expediente 3644/2024. FIXACIÓN FESTAS LOCAIS 2025: o 17 de xaneiro (San Antón) e o 5 demarzo (mércores de cinsa)
  3. 3. Expediente 5865/2024. CONVENIO de planeamento e desenvolvemento do entorno da Igrexade Santa María a Maior coa Diócesis de Ourense para ser incluído no Plan Especial de Protección e Reforma Interior do Casco Histórico de Verín
  4. 4. Expediente 5791/2024. Subvencións Directas ou Nominativas: ESCOLAS DEPORTIVAS
  5. 5. Expediente 5794/2024. Subvencións Directas ou Nominativas: FIC VERÍN
Ler máis...
 
AEVER presenta a súa campaña de dinamización do comercio no Nadal PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 18 Decembro 2024 13:25

Esta mañá tivo lugar na sede da Asociación de Empresarios e Empresarias de Verín (AEVER) a presentación oficial da campaña "Dinamización Comercial no Nadal", unha iniciativa destinada a fomentar as compras no comercio local e a dinamizar a vida cultural e económica da vila durante as festas.

Ler máis...
 
Os expositores dan un sobresaliente a organización da feira PDF Imprimir Correo-e
Martes, 10 Decembro 2024 15:23

O Concello de Verín realizou un balance “excelente” da edición 2024 da Feira de Nadal, baseada nos resultados das enquisas respondidas polos expositores participantes. A localización, a limpeza e a organización xeral acadaron valoracións sobresalientes, consolidándose como os aspectos mellor valorados do evento; destacando tamén un aumento progresivo nas vendas.

Ler máis...
 
O Concello de Verín abre o prazo de inscrición para Ludonadal - Ludoteca de Nadal PDF Imprimir Correo-e
Martes, 10 Decembro 2024 10:57

O Concello de Verín, a través da Oficina Municipal de Información Xuvenil, abre o prazo de inscrición para "Ludonadal", a ludoteca de Nadal dirixida a nenos e nenas de 3 a 12 anos. Esta iniciativa, enmarcada na Área de Benestar Social, busca facilitar a conciliación familiar durante as vacacións de Nadal, proporcionando ás familias un servizo de lecer educativo e divertido mentres traballan, realizan compras ou outras xestións.

Ler máis...
 
Máis de 30 actividades para celebrar o Nadal en Verín: cultura, diversión e tradición PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 05 Decembro 2024 14:10

Verín, 5 de decembro de 2024. O Nadal chega a Verín cunha completa programación que inclúe máis de 30 actividades dirixidas a todos os públicos. Dende eventos culturais ata iniciativas solidarias e de dinamización comercial, o programa está deseñado para encher de maxia e tradición esta temporada festiva.

Ler máis...
 
Verín acolle o espectáculo de circo e Danza "Disculpa si te presento como que no te conozco" PDF Imprimir Correo-e
Venres, 29 Novembro 2024 13:24

O vindeiro 7 de decembro, ás 20:30 horas, o Auditorio de Verín será o escenario do espectáculo solidario "Disculpa si te presento como que no te conozco", unha obra de danza e circo contemporáneo creada por Miguel Barreto e Pablo Parra, integrantes da compañía La Pequeña Victoria Cen. As entradas, cun custo de 8 euros, están dispoñibles en ataquilla.com, e a recadación destinarase integramente a apoiar as labores de reconstrución nas zonas afectadas pola recente DANA en Valencia.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 7 de 830

?>