Verín difunde os Obxectivos do Milenio coa mostra do Fondo Galego de Cooperación
Venres, 18 Novembro 2011 14:06
A Casa do Escudo do municipio ourensán de Verín acolle a partir do vindeiro luns, 21 de novembro, a exposición ‘Os Obxectivos do Milenio 2000-2015’. A mostra, organizada polo Concello de Verín en calidade de membro do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, permanecerá aberta ata o 15 de decembro, e pode visitarse de luns a sábado, das 10 ás 14 e das 16.30 ás 20.30 horas.
As asociacións de concellos e empresarios de Portas de Galicia participan na Feira Internacional de Turismo de Interior
Venres, 18 Novembro 2011 14:05
Do 24 ao 27 de novembro, a Asociación de concellos das comarcas Monterrei e Conso Frieiras para o plan de competitividade turística e a Asociación de Empresarios de Turismo e Hostalería Portas de Galicia participarán na Feira Internacional de Turismo de Interior (INTUR), que se celebra en Valladolid.
Educación intercultural e marco lexislativo en materia de menores no curso 'Mediación e resolución de conflitos interxerneracionais' de Verín
Xoves, 17 Novembro 2011 13:22
Mañá, o salón de actos da Casa da Cultura de Verín acollerá, a partir das 18.30 horas, os relatorios ‘Educación intercultural e negociación de conflitos’ e ‘A música como mellora das relacións interxeneracionais’, enmarcados no curso 'Mediación e resolución de conflitos interxeneracionais', organizado polo Centro Asociado da UNED en Ourense e o departamento de Educación Familiar do Concello de Verín.
A Tropa de Trapo presentou o espectáculo 'Contos coas mans abertas' en Verín
Mércores, 16 Novembro 2011 14:01
O salón de actos do IES García Barbón de Verín acolleu esta mañá o espectáculo ‘Contos coas mans abertas’ da compañía compostelá A Tropa de Trapo, co obxecto de conmemorar o Día Internacional para a Tolerancia.
'Contos coas mans abertas' sensibilizará sobre a solidariedade internacional en Verín
Martes, 15 Novembro 2011 14:02
A xira 2011 do espectáculo ‘Contos coas mans abertas’, promovida polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade dentro das súas actividades de sensibilización, chega á vila ourensá de Verín mañá mércores 16 de novembro, coincidindo coa conmemoración do Día Internacional para a Tolerancia. A representación, organizada polo Concello de Verín en calidade de membro da entidade municipalista, terá lugar no IES García Barbón ás 10.30 horas.
Subvencións para actuacións de promoción e internacionalización no sector téxtil
Martes, 15 Novembro 2011 14:00
Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da convocatoria de subvencións a empresas galegas do sector téxtil-moda-confección para a realización de actuacións e estratexias de promoción e internacionalización.