Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Concello de Verín
'Contos para os días de choiva' na Biblioteca Pública Municipal PDF Imprimir Correo-e
Luns, 14 Novembro 2011 13:29

O vindeiro xoves 17 de novembro, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín programa a iniciativa 'Contos para os días de choiva', no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal.

Ler máis...
 
Curso de xestión de proxectos de participación xuvenil 'A Xuventude Móvese' PDF Imprimir Correo-e
Venres, 11 Novembro 2011 14:04

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado co apoio do Instituto Português da Juventude, en coordinación co Concello de Verín e a Cámara Municipal de Chaves, organizan este Curso de Xestión de Proxectos de Participación Xuvenil denominado “A Xuventude Móvese”, no marco das accións previstas dentro do proxecto Eurocidade Chaves-Verín, cofinanciado polo Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal (POCTEP).

Ler máis...
 
O primeiro Defensor do Menor de Madrid participa no curso 'Mediación e resolución de conflitos interxerneracionais' de Verín PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 10 Novembro 2011 12:45

Mañá, o salón de actos da Casa da Cultura de Verín acollerá o relatorio 'Pais e fillos en conflito', a cargo de Javier Urra Portillo, primeiro Defensor do Menor da Comunidade de Madrid e presidente da Rede Europea de Defensores do Menor; enmarcado dentro do curso 'Mediación e resolución de conflitos interxeneracionais', organizado polo Centro Asociado da UNED en Ourense e o departamento de Educación Familiar do Concello de Verín.

Ler máis...
 
III Semana da Educación e Seguridade Viaria da Eurocidade Chaves - Verín PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 09 Novembro 2011 18:44

Dende o día 14 ao 17 de novembro, a Eurocidade Chaves-Verín organiza a III Semana da Educación e Seguridade Viaria, destinada a mostrar actuacións de educación e seguridade viaria aos cidadáns das dúas poboacións.

Ler máis...
 
'Cantacontos' na Biblioteca de Verín coa pedagoga e escritora Susa Herrera PDF Imprimir Correo-e
Luns, 07 Novembro 2011 11:50

O próximo venres 11 de novembro, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín acollerá unha sesión de 'Cantacontos' realizados pola pedagoga, docente e escritora Susa Herrera Ruiz, acompañada pola profesora e artista Merchy Rozas.

Ler máis...
 
A psicóloga Ana Isabel Saz Marín participa no curso 'Mediación e resolución de conflitos interxerneracionais' de Verín PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 03 Novembro 2011 10:49

Mañá, o salón de actos da Casa da Cultura de Verín acollerá a conferencia 'Pais con fillos adolescentes: contigo aprendín', impartida Ana Isabel Saz Marín, psicóloga e condutora do programa S.O.S. Adolescentes de Cuatro, e enmarcada dentro do curso.  'Mediación e resolución de conflitos interxeneracionais', organizado polo Centro Asociado da UNED en Ourense e o departamento de Educación Familiar do Concello de Verín.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 671 672 673 674 675 676 677 678 679 680 Seguinte > Final >>

Páxina 672 de 807

?>