Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Concello de Verín
A carreira 'Un euro por quilómetro S.O.S. Corno de África' finaliza en Verín PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 27 Outubro 2011 11:11

O sábado 29 de outubro, a localidade de Verín converterase no punto final da carreira solidaria 'Un euro por quilómetro S.O.S. Corno de África', iniciada o pasado 16 de outubro na localidade de A Guarda co obxecto de recadar fondos para a poboación de Somalia, Etiopía e Kenia.

Ler máis...
 
'A ollada dun monxe budista' e 'A paz cuestión de fondo' no Outono Fotográfico PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 26 Outubro 2011 12:26

O vindeiro sábado día 29 comezan en Verín as actividades do Outono Fotográfico. A Casa do Escudo abre ás 5 da tarde  dúas exposicións A ollada dun monxe budista A paz cuestión de fondo, e faino convidando a facer unha meditación sentada ás persoas que visiten as salas a primeira hora. As mostras clausuraranse o día 19 de novembro. As actividades do Outono Fotográfico en Verín continuarán entre os días 22 de novembro e 10 de decembro con dúas novas exposicións Unha mirada matemática e Os obxectivos do milenio.

Ler máis...
 
A Eurocidade Chaves-Verín participa na xornada do Proxecto CEDIM PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 26 Outubro 2011 12:44

O Gabinete de Apoio Técnico (GAT) da Eurocidade Chaves-Verín participa hoxe na xornada de presentación do 'Proxecto CEDIM', organizado pola Rede Transfronteiriza de Centros para Mulleres, e que ten lugar en Santiago de Compostela.

Ler máis...
 
Modificación do Contacontos do Samhain na Biblioteca Pública Municipal PDF Imprimir Correo-e
Martes, 25 Outubro 2011 12:35

As actividades de manualidade e contacontos da Biblioteca Pública Municipal de Verín, con motivo da celebración do 'Samhain', terá lugar o vindeiro venres 28 de outubro,  en vez do día 31, xa que non é lectivo nos centros educativos.

Ler máis...
 
O conselleiro de Cultura recibe aos voluntarios da Biblioteca de Verín PDF Imprimir Correo-e
Martes, 25 Outubro 2011 12:32

Unha representación de dez voluntarios/as e os responsables da Biblioteca Pública Municipal de Verín, Aurora Prieto Tarrío e Vicente Rodríguez Justo, foron recibidos onte na Cidade da Cultura por Roberto Varela, conselleiro de Cultura, como recoñecemento a obtención do premio á 'Mellor Iniciativa ao Fomento da Lectura para Bibliotecas Públicas 2011', concedido pola Federación de Gremios de Editores de España.

Ler máis...
 
Contacontos do Samhain na Biblioteca Pública Municipal PDF Imprimir Correo-e
Luns, 24 Outubro 2011 11:39

Con motivo da celebración do ‘Samhain’, máis coñecida pola súa versión anglo-americana do Halloween -do vocábulo All Hallow´s Eve (Noite de Todos os Santos)-, a Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín realizará, o vindeiro luns 31 de outubro, contacontos e manualidades.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 671 672 673 674 675 676 677 678 679 680 Seguinte > Final >>

Páxina 673 de 807

?>