Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Concello de Verín
Percorrido e horarios da Volta a España en Verín PDF Imprimir Correo-e
Martes, 23 Agosto 2011 11:27

O vindeiro 31 de agosto, a localidade de Verín acolle a saída da décimo primeira etapa da 66º Volta a España. Aínda que en anteriores edicións, as rúas de Verín albergaron tramos de etapa desta competición deportiva, esta é a primeira vez que o municipio acolle unha saída da Volta Ciclista a España.

Ler máis...
 
Cursos de alfabetización dixital na Aula CeMIT do Concello de Verín PDF Imprimir Correo-e
Martes, 23 Agosto 2011 11:25

A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, do Concello de Verín celebrará, do 22 de agosto ao 1 de outubro, distintos cursos de alfabetización dixital adaptados ás necesidades dos usuarios/as.

Ler máis...
 
Educamóbil en Verín PDF Imprimir Correo-e
Luns, 22 Agosto 2011 12:52

Mañá 23 de agosto, de 9 a 13 horas, o autobús Educamóbil desprazarase ata Verín, para ofertar actividades lúdico e educativas a nenos/as con idades comprendidas entre os 4 e 11 anos.

Ler máis...
 
O Banco Municipal de Roupa e Alimentos sae a rúa en Verín PDF Imprimir Correo-e
Luns, 22 Agosto 2011 12:51

Durante a xornada de mañá 23 de agosto, de 10 a 14 e de 16.30 a 20.30 horas, o Banco Municipal de Roupa e Alimentos instalarase na rúa Lisa de Verín co obxecto de vender produtos artesanais, realizados a man, cuxa recadación se destinará á compra de alimentos que serán repartidos por devandito servizo.

Ler máis...
 
Portas de Galicia edita folletos promocionais para divulgar na Volta Ciclista a España PDF Imprimir Correo-e
Venres, 19 Agosto 2011 11:15

A Asociación de concellos das comarcas Monterrei e Conso Frieiras para o plan de competitividade turística e a Asociación de Empresarios de Turismo e Hostalería Portas de Galicia editou dous folletos promocionais sobre obxectivos, actores e produtos autóctonos do mesmo, que serán divulgados durante a Volta Ciclista España, que terá lugar do 20 de agosto (Benidorm) ao 11 de setembro (Madrid).

Ler máis...
 
A campaña ‘Ponlle as pilas ao teu bocata’ en Verín PDF Imprimir Correo-e
Venres, 19 Agosto 2011 11:13

Os/As nenos/as da Ludoteca Municipal participarán o día 23 de agosto, de 12.30 a 13.30 horas, na campaña ‘Ponlle as pilas ao teu bocata’, organizada pola Xunta de Galicia, e á que o Concello de Verín adheriuse co obxecto de fomentar os hábitos saudables.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 681 682 683 684 685 686 687 688 689 690 Seguinte > Final >>

Páxina 683 de 807

?>