Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Concello de Verín
Núñez Feijóo resalta a labor dos adegueiros da D.O. Monterrei durante a inauguración da sexta edición da Feira do Viño PDF Imprimir Correo-e
Sábado, 06 Agosto 2011 23:47

A Feira do Viño de Monterrei abriu as portas da súa sexta edición coa presenza de Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta de Galicia, que se acercou na tarde de hoxe a localidade ourensana de Verín para inaugurar este certame vitivinícola, acompañado dos principais titulares de Medio Rural e de Turismo do goberno galego.

Ler máis...
 
O presidente da Xunta de Galicia inaugura a VI Feira do Viño da D.O. Monterrei PDF Imprimir Correo-e
Venres, 05 Agosto 2011 10:06

Na xornada de mañá 6 de agosto, a partir das 20.30 horas, Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta de Galicia acudirá a Verín para inaugurar a sexta edición da Feira do Viño de Monterrei,  organizada polo Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei e o Concello de Verín.

Ler máis...
 
Os nenos da Ludoteca Municipal visitan a Biblioteca Pública de Verín PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 04 Agosto 2011 12:06

Un total de 150 nenos/as da Ludoteca Municipal, organizada durante os meses de verán polo Concello de Verín, visitan durante estas semanas as instalacións da Biblioteca Pública de Verín e a exposición 'Querido Balbino: 1961-2011. Cincuenta anos de Memorias dun neno labrego', organizada pola Consellería de Cultura e Turismo coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, a Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural e a Deputación de Pontevedra.

Ler máis...
 
Rexistro Galego de Comercio de Galicia PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 04 Agosto 2011 12:03

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación dos modelos oficiais de declaración responsable e comunicación de datos ao Rexistro Galego de Comercio.

Ler máis...
 
I Torneo de Pádel de Verán 'Vila de Verín' PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 03 Agosto 2011 12:23

Do 12 ao 15 de agosto, o Complexo Deportivo A Granxa acollerá a celebración do I Torneo de Pádel de Verán 'Vila de Verín', organizado polo Concello de Verín e a Asociación de Empresarios de Verín.

Ler máis...
 
As asociacións de concellos e empresarios de Portas de Galicia presentes na Volta Ciclista a España PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 03 Agosto 2011 12:18

Desde o 20 de agosto ao 11 de setembro, a Asociación de concellos das comarcas Monterrei e Conso Frieiras para o plan de competitividade turística e a Asociación de Empresarios de Turismo e Hostalería Portas de Galicia desenvolverán actuacións promocionais, de marketing e  comercialización no marco da Volta Ciclista a España, na que Verín será sede de inicio da etapa do día 31 de agosto.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 681 682 683 684 685 686 687 688 689 690 Seguinte > Final >>

Páxina 685 de 807

?>