Vale de Anta vence o 3º Torneo de Fútbol Sala Interparroquial Eurocidade Chaves-Verín
Xoves, 02 Xuño 2011 12:07
A parroquia de Vale de Anta (en Chaves) proclamouse vencedora da terceira edición do Torneo de Fútbol Sala Interparroquial Eurocidade Chaves-Verín, que se desenvolveu desde o mes de marzo.
O Fondo Galego de Cooperación achega a súa experiencia nun seminario europeo
Mércores, 01 Xuño 2011 13:08
O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade vén de participar nun seminario internacional para achegar a súa experiencia a axentes do sector procedentes de Alemaña e Portugal. O encontro celebrado en Lisboa encádrase no proxecto europeo ‘Construíndo redes para o desenvolvemento: dos irmandamentos a unha cooperación máis eficiente’, que busca promover as redes de cooperación descentralizada en ambos os dous países.
'II Paseo Vespa, Lambretta e Motos Clásicas' en Verín
Mércores, 01 Xuño 2011 11:27
O vindeiro 4 de xuño, ás 16 horas, a localidade de Verín acollerá a realización do 'II Paseo Vespa, Lambretta e Motos Clásicas', no que colabora o Concello de Verín. A partir desa hora, nas prazas García Barbón e Maior concentraranse todos/as os/as interesados/as en participar na mesma para realizar a correspondente inscrición -de carácter gratuíto-.
O pasado 30 de maio, realizouse un intercambio educativo entre os alumnos do IES García Barbón (Verín) e a Escola de Secundaria Dr. Júlio Martins (Chaves).
Programa de incentivos á contratación das persoas traballadoras
Martes, 31 Maio 2011 01:00
Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da convocatoria do Programa de incentivos á contratación das persoas traballadoras.
Intercambio IES García Barbón e Escola Dr. Julio Martins no ámbito da Eurocidade Chaves-Verín
Venres, 27 Maio 2011 12:01
O vindeiro luns 30 de maio, no ámbito da Eurocidade Chaves-Verín, terá lugar un intercambio educativo entre o IES García Barbón e a Escola Dr. Julio Martins.