Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Concello de Verín
Abre ArtVerín con obras de 20 artistas comarcais PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 17 Marzo 2010 13:07

A Casa do Escudo de Verín acolle por segundo ano consecutivo ArtVerín, exposición de artes plásticas na que participan vinte artistas da nosa comarca. A mostra ábrese oficialmente o xoves día 18,  para clausurarse o día 3 de abril, sábado de Paixón. No acto inaugural, que comezará ás 20.15 horas, está prevista a participación do alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, e entre os convidados figuran os alcaldes da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Verín, os membros dos grupos políticos municipais verinenses, as persoas representativas dos sectores empresarial e asociativo, e as vinculadas directamente ás artes plásticas na comarca.

Ler máis...
 
Torneo de Fútbol de Veteranos PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 17 Marzo 2010 13:05

A área deportiva de A Granxa acollerá o vindeiro 20 de marzo, a partir das 17 horas, un Torneo de Fútbol de Veteranos, no que participarán Deportivo de La Coruña, G.D. Chaves e Verín C.F.

Ler máis...
 
I Encontro Musical Vila de Verín PDF Imprimir Correo-e
Luns, 15 Marzo 2010 14:04

Durante os días 20 e 21 de marzo, a localidade de Verín acollerá o ‘I Encontro Musical Vila de Verín’, enmarcado nesta edición da Feira do Lázaro.

Ler máis...
 
Feira de Cans de Caza PDF Imprimir Correo-e
Luns, 15 Marzo 2010 14:02

O próximo 20 de marzo, o recinto da Lonxa Agropecuaria de Verín acollerá unha exposición de cans de caza, desde as 10 ás 14  horas.

Ler máis...
 
II Concurso Social de Doma Clásica Eurocidade Chaves-Verín PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 11 Marzo 2010 12:10

O vindeiro 19 de marzo, o Club Hípico Monterrey (Queizás) acollerá a celebración do “II Concurso Social de Doma Clásica Eurocidade Chaves-Verín”, enmarcado dentro das actividades da Feira do Lázaro e o Certame Gastronómico ‘Vila de Verín’.

Ler máis...
 
Contos das Criaturas Misteriosas PDF Imprimir Correo-e
Luns, 08 Marzo 2010 12:27

O vindeiro sábado 13 de marzo, de 11.30 a 13 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín promove a iniciativa ‘Contos das Criaturas Misteriosas’, enmarcada dentro da programación de actividades destinada ao fomento da lectura e dinamización da Biblioteca.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 741 742 743 744 745 746 747 748 749 750 Seguinte > Final >>

Páxina 747 de 807

?>