Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Concello de Verín
Ciclo de cinema na Alameda PDF Imprimir Correo-e
Venres, 10 Xullo 2009 10:41
Todos os martes da segunda quincena de xullo e da primeira de agosto, a localidade de Verín acollerá un novo ciclo de cinema ao aire libre no parque da Alameda, organizado por Elcinedebarrio.com coa colaboración do Concello de Verín.
Ler máis...
 
Presentación do Fórum Galaico Transmontano PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 09 Xullo 2009 10:54
A Casa da Cultura de Verín acolleu, esta mañá, a presentación do Fórum Galaico Transmontano: Círculo de Estudos e Divulgación, unha asociación, con sede en Chaves, que naceu para a promoción do patrimonio cultural e natural de Galicia, Alto Douro e Tras-Os-Montes.
Ler máis...
 
Noitebus PDF Imprimir Correo-e
Martes, 07 Xullo 2009 08:38

Dentro da firme aposta da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes pola seguridade viaria e a redución da sinistralidade nas estradas púxose en marcha o Programa de transporte nocturno a lugares de lecer, coñecido como NOITEBÚS, cuxo obxectivo é ofrecer unha alternativa de transporte a lugares e en datas e horarios preferentemente vinculados ao goce do tempo de lecer.

Ler máis...
 
Concentración en repulsa á violencia de xénero PDF Imprimir Correo-e
Venres, 03 Xullo 2009 13:00
A corporación municipal e traballadores do Concello de Verín, así como numerosos veciños/as, concentráronse este mediodía diante da casa consistorial en repulsa ao acto de violencia de xénero acontecido, na xornada de onte, na localidade de Verín.
Ler máis...
 
Charla-coloquio ‘Composición corporal’ PDF Imprimir Correo-e
Venres, 03 Xullo 2009 13:00
O próximo martes 7 de xullo, a partir das 20.30 horas, terá lugar na Casa da Cultura de Verín a charla-coloquio ‘Composición corporal’, impartida por Pablo Diéguez Iglesias. Este licenciado en actividade física e deporte presentará aos asistentes os diferentes tipos de composición corporal e cuestións referentes á saúde nutricional.
Ler máis...
 
Programa ‘Convive coas Linguas 2009’ PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 02 Xullo 2009 13:00
A Eurocidade Chaves Verín organiza, por segundo ano consecutivo e debido ao éxito da primeira edición, o programa ‘Convive coas Linguas’. Unha iniciativa entre os dous municipios transfronteirizos que se asenta na realización de actividades lúdico-formativas que fomenten a aprendizaxe do castelán e o portugués e a convivencia entre os/as nenos/as de Verín e Chaves, con idades comprendidas entre os 4 e 14 anos.
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 761 762 763 764 765 766 767 768 769 770 Seguinte > Final >>

Páxina 770 de 807

?>