Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Concello de Verín
Un día cos nenos/as na rúa PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 21 Agosto 2008 10:01
O sábado 23 de agosto, día de feira na localidade, a Oficina Muncipal de Información Xuvenil do Concello de Verín organizará unha serie de actividades lúdico-culturais para os nenos/as do municipio.
Ler máis...
 
Nota Informativa PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 20 Agosto 2008 08:47
Nos últimos días, varios/as veciños/as do municipio de Verín recibiron chamadas telefónicas nas que unha empresa ofertaba os seus servizos para realizar análises de auga nas súas casas. Desde o Concello de Verín, co fin de aclarar as posibles dúbidas aos/ás verinenses, puntualízase o seguinte:

- A auga do municipio atópase perfectamente analizada e sometida aos controis específicos preventivos.

- O ente municipal non ten relación con esta empresa privada nin co servizo que oferta.
 
Ciclo de cinema na Alameda PDF Imprimir Correo-e
Martes, 19 Agosto 2008 10:22
Nas próximas semanas, a localidade de Verín acollerá un ciclo de cinema ao aire libre no parque da Alameda, organizado por Elcinedebarrio.com co patrocinio do Concello de Verín.
Ler máis...
 
Teatro da Gavela presenta en Verín “O Conde Alarcos” PDF Imprimir Correo-e
Luns, 18 Agosto 2008 08:48
Mañá, 19 de agosto, ás 22.30 horas, Teatro da Gavela escenificará na praza García Barbón de Verín a obra “O Conde Alarcos”. A actuación enmárcase nunha xira pola Vía da Prata desta compañía, que patrocina a S.A. de Xestión do Xacobeo e que conta coa colaboración do Concello de Verín.
Ler máis...
 
Inscrición gratuíta no xogo de rol en vivo Irmandiños. A Revolta para os habitantes da Eurocidade Chaves-Verín PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 14 Agosto 2008 11:38
A inscrición para os/as mozos/as residentes na Eurocidade Chaves-Verín que desexen participar no xogo de rol en vivo “Irmandiños. A Revolta” será gratuíta. O proceso de inscrición terá lugar entre os días 18 de agosto e 18 de setembro, e debe realizarse no Gabinete Técnico da Eurocidade, situado no segundo piso da Casa Consistorial de Verín.
Ler máis...
 
Expectación pola Eurocidade Chaves - Verín nos Open Days 2008 PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 13 Agosto 2008 17:08

A experiencia da Eurocidade Chaves-Verín está a recibir moita expectación entre os asistentes á Semana Europea da Rexións OPEN DAYS 2008, que terá lugar en Bruselas entre o 6 e o 9 de outubro, e no que participarán milleiros de expertos e representantes de organismos públicos e privados de toda Europa.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 801 802 803 804 805 806 807 808 Seguinte > Final >>

Páxina 802 de 808

?>