Xoves, 06 Novembro 2008 18:38 |
O vindeiro sábado, 8 de novembro, a partir das 19 horas, a localidade de Verín acollerá a celebración da “II Carr@da do Viño”. Unha festa en honra ao patrón dos viticultores, San Trifón, e que mediante a unión da cultura e gastronomía busca enxalzar o viño.
|
Ler máis...
|
|
Aberta a inscrición para o Obradoiro do Cigarrón |
|
|
|
Venres, 24 Outubro 2008 10:23 |
O Concello de Verín organiza, un ano máis, un obradoiro para aprender a facer o disfrace de cigarrón, ben sexa completo ou partes desta máscara. Os/as interesados/as poden inscribirse até o día 14 de novembro na Casa do Concello, na oficina de información (planta baixa).
|
Ler máis...
|
O Concello de Verín asina un convenio con Eroski Center para a cesión de dous locais destinados a fins sociais |
|
|
|
Venres, 24 Outubro 2008 10:22 |
O alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, e o director de Relacións Institucionais de Vegalsa-Eroski, Javier González Sampedro asinaron un acordo de cesión gratuíta de dous locais, anexos ao supermercado Eroski Center (R/ Luis Espada, 77-79-81 e 83), destinados a usos sociais.
Os dous emprazamentos, cunha superficie total de 249 metros cadrados, estarán destinados un para roupeiro municipal e banco de alimentos, e o outro, para fins sociais directamente relacionados coa actividade municipal. Este servizo, dependente do área de Benestar Social e Servizos Sociais de Atención Primaria, ten como finalidade a provisión de roupa, calzado e alimentos para paliar as necesidades dos máis desfavorecidos ou en situación de pobreza e marxinación.
|
Ler máis...
|
O Comité de Monitorización de URBACT aproba o proxecto liderado pola MOT no que se atopa a Eurocidade Chaves-Verin |
|
|
|
Luns, 20 Outubro 2008 11:15 |
O Comité de Monitorización de URBACT aprobou o proxecto liderado pola MOT no que se atopa a Eurocidade Chaves-Verin. A MOT (Misión Operacional Tranfronteriza é o xefe de fila e o seminario inicial do proxecto terá lugar en Estrarburgo, no Parlamento Europeo, o próximo mes de novembro.
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 811 812 813 814 815 816 817 818 819 820 Seguinte > Final >>
|
Páxina 816 de 827 |