Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Concello de Verín
FEMURO lanza, coa colaboración do Concello de Verín, SexEdúcate: unha nova iniciativa de Educación Sexual para a Mocidade PDF Imprimir Correo-e
Martes, 08 Agosto 2023 11:38

FEMURO presenta o proxecto SexEdúcate, unha nova iniciativa que busca educar á mocidade da provincia de Ourense nunha sexualidade consciente, libre e igualitaria. Este proxecto, que conta coa colaboración co Concello de Verín, enmárcase no compromiso continuo de FEMURO coa promoción da igualdade e a loita contra a violencia de xénero. A seu financiamento provén da Secretaría Xeral de Igualdade, a través dos fondos do Pacto de Estado, que respaldan diversas accións desenvolvidas ao longo do ano.

Ler máis...
 
O Festival de Curtas de Verín promoverá iniciativas formativas orientadas a profesionais que queiran mellorar as súas competencias en diferentes disciplinas ligadas ao ámbito audiovisual PDF Imprimir Correo-e
Martes, 08 Agosto 2023 08:32

A organización do FIC Vía XIV propón para este 2023 unha serie de actividades formativas dirixidas principalmente a profesionais que desenvolvan a súa actividade no eido audiovisual e queiran mellorar as súas competencias arredor dunha serie de disciplinas ligadas a este ámbito de actividade. Porén, tamén, esta axenda formativa se dirixe a un público de carácter amateur interesado en coñecer máis de preto detalles da cinematografía e das súas áreas afíns.

Ler máis...
 
Aberto o prazo de inscrición para a tempada 2023 – 2024 das Escolas Deportivas de Fútbol e Fútbol Sala do Concello de Verín PDF Imprimir Correo-e
Venres, 04 Agosto 2023 10:49

A Concellería de Deportes do Concello de Verín comprace anunciar que xa está aberto o período de inscrición para as disciplinas de Fútbol e Fútbol Sala impartidas nas Escolas Deportivas Municipais do Complexo Deportivo da Granxa.

Ler máis...
 
O músico verinés Álvaro Rúa bate un novo Record Guinness Mundial coa nota máis longa tocada cun instrumento de vento PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 03 Agosto 2023 13:58

Álvaro Isaac Rúa Manso fixo historia esta mañá ao acadar o novo World Record Guinness Mundial por tocar a nota máis longa cun instrumento de vento, concretamente cunha gaita galega. Este logro tivo lugar no Auditorio Municipal, onde o músico verinés demostrou a súa gran destreza musical.

Ler máis...
 
As III Xornadas de Música Tradicional Nova Era encherán as rúas de Verín de actividades para todos os públicos PDF Imprimir Correo-e
Luns, 31 Xullo 2023 17:24

Os vindeiros días 3, 4, 5 e 6 de agosto a Banda de Gaitas Nova Era volverá celebrar as "Xornadas de Música Tradicional Nova Era", un evento que pretende dinamizar a axenda de Verín con actividades ao redor da música tradicional e popular galega. A III edición destas Xornadas preséntase coma unha oportunidade para o encontro da veciñanza ao redor da música de raíz con foliadas, actividades para a cativada, visitas aos centros de maiores e incluso un intento de novo World Record Guinness. Unha proposta cultural que contará con máis de 50 músicos das asociacións culturais da comarca e o apoio do Concello de Verín e do tecido hosteleiro da vila.

Ler máis...
 
A XVI Feira do Viño de Monterrei ocupará con actividades a totalidade da Alameda PDF Imprimir Correo-e
Luns, 31 Xullo 2023 14:10

A localidade de Verín acollerá, do 11 ao 13 de agosto, unha nova edición da Feira do Viño da Denominación de Orixe Monterrei.

Nesta ocasión estarán presentes un total de 18 das 28 adegas que conforman a denominación, «o que demostra o gran apoio do sector ao noso principal evento vitivinícola», destaca o presidente do Consello Regulador da D.O. Monterrei, Jonatás Gago García.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 Seguinte > Final >>

Páxina 16 de 807

?>