Verín prepárase para vivir a festa da batucada 2023 |
|
|
|
Luns, 17 Xullo 2023 10:22 |
Os días 28 e 29 de xullo, Verín celebrará a súa tradicional festa da batucada, un evento que cada ano reúne a milleiros de persoas arredor da música, o baile e a diversión. O programa oficial da festa inclúe actividades para todos os públicos e gustos, desde desfiles infantís e concertos ata festa da espuma e este ano, como novidade, unha batalla de batucadas. Así o confirmou esta mañá a concelleira de Cultura, Festexos e Turismo, Samanta Barreira, que presentou o programa oficial acompañada de Javier M. Quintas, xerente da empresa verinesa Elogo Delivery, patrocinadora do evento. |
Ler máis...
|
O cartel ilustrador do FIC 2023 pon en valor a imaxinación e a liberdade de pensamento, cun estilo retrofuturista e unha estética moi chamativa visualmente |
|
|
|
Sábado, 15 Xullo 2023 19:20 |
O FIC 2023, que se celebrará na vila do Támega entre o 8 e o 17 de setembro, xa conta con cartel ilustrador. Un traballo cuxa idea conceptual parte de Jorge Godás, responsable de Creatividade e Multimedia do certame, que foi realizada pola axencia coruñesa The Office. Inspirada na película británica Brazil, de Terry Gilliam, a idea creativa do cartel ilustrador susténtase nunha crítica velada á intelixencia artificial seguindo o universo distópico que propón o filme. "Ante o control absoluto, só nos queda loitar pola imaxinación e a liberdade de pensamento nun mundo que podería resultar opresivo", defende Jorge Godás, autor intelectual do cartel. |
Ler máis...
|
|
A Biblioteca de Verín recibe, un ano máis, o premio María Moliner de fomento á lectura |
|
|
|
Mércores, 12 Xullo 2023 11:47 |
A Biblioteca Municipal de Verín vén de recibir o premio María Moliner de proxectos de animación á lectura en concellos de menos de 50.000 habitantes, correspondente ao ano 2023, pola súa iniciativa “Voluntariado cultural con rapaces/as s para o fomento da lectura”. Deste xeito, a Biblioteca verinesa recibirá 2.772,22 euros financiados polo Ministerio de Cultura e Deporte, que serán destinados a compra de libros e/ou publicacións periódicas. |
Ler máis...
|
O tecido empresarial e comercial de Verín volve implicarse activamente no desenvolvemento do FIC Vía XIV |
|
|
|
Sábado, 08 Xullo 2023 09:33 |
A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Verín, Aever, apoiará de novo o desenvolvemento do FIC Vía XIV propoñendo, como en anos anteriores, a posta en marcha dun concurso que inste aos seus establecementos da vila a decorar os seus escaparates con motivos relacionados coa sétima arte. |
Ler máis...
|
A Eurocidade Chaves-Verín abre o prazo de inscrición para participar en actividades en Romaña e Malta |
|
|
|
Mércores, 05 Xullo 2023 16:08 |
A Eurocidade Chaves-Verín, AECT, no marco do proxecto Rural Youth of Europe (Xuventude Rural de Europa) - RUYOU, convida a xóvenes de entre 18 e 30 anos do territorio a participar en setembro e outubro nas próximas International Creative Jams; actividades presenciais que terán lugar en Romaña e Malta. |
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 Seguinte > Final >>
|
Páxina 17 de 807 |