A Hostalería e o Concello de Verín acordan prorrogar o peche das instalacións de bares e terrazas ata o día 31 de outubro |
|
Venres, 23 Outubro 2020 13:21 |
O Concello e os Hostaleiros de Verín veñen de alcanzar un acordo para prorrogar o peche dos bares e as terrazas ata o vindeiro día 31 de outubro. A ampliación temporal desta medida preventiva, que foi sometida a debate e aprobado cun amplo consenso polos representantes da hostalería, tómase á vista da evolución da pandemia na vila de Verín, que a día de hoxe é de 80 casos activos.
Pola súa banda, o ente municipal prolongará tamén, ata o mesmo día 31 de outubro, a vixencia da liña de axudas destinada a minimizar o impacto económico do peche acordado polo sector. |