Os cativos e cativas da Ludoteca e do Campamento Urbano de Verín despiden o verán cunha festa ibicenca Imprimir
Martes, 07 Setembro 2021 19:01

 Os menores que participaron na Ludoteca e no Campamento Urbano do Concello de Verín despediron hoxe por todo o alto o verán. Fixérono cunha festa ibicenca, vestidos de branco, e cada grupo coa súa decoración. Ademais desfrutaron con tres inchables (cabina de baloncesto, cabina de fútbol e cabina de tiro), e participaron nun obradoiro de tatuaxes. Ás 12:00 horas, o tenente de alcalde e concelleiro de Mocidade, Diego Lourenzo, a concelleira de Persoal e Réxime Interior, Rosario Rodríguez e Manuel Lorenzo concelleiro de Transporte Feiras e Hostalería,  fixeron entrega duns orixinais agasallos a cada participante.

Máis de 170 menores ocuparon as súas vacacións de verán asistindo a este servizo de conciliación familiar ofertado polo concello no que se realizan multitude de actividades nas que o ocio e a diversión van da man. Os  usuarios do mesmo poden beneficiarse   por semanas, quincenas, metade do verán ou o verán completo. A programación diaria desta iniciativa esta concibida coa finalidade de fomentar a vida saudable, o deporte, a cultura e a curiosidades entre os máis cativos. Xogar aprendendo sen esquecer, en ningún momento, o actual contexto de pandemia. Por isto, realizáronse grupos burbulla, desinfección de mans e medida de temperatura durante todos os días que durou o servizo.



A Ludoteca comezou o 23 de xuño, celebrando o segundo día, o San Xoán ( con auga de rosas e fogatas pintadas polos menores). Outras actividade novidosas foi a creación de minimundos, ou a celebración dos Días mundiais do Rock e do Emoji.



A semana do 25 de xullo , día de Galicia fixeron variedade de actividades; dende pintar as cunchas de peregrino, o apóstolo, o gorro do peregrino e un simulacro de como si fixeran o camiño de Santiago, levando para casa a compostela e o selado do albergue.



O Día do avó e avoa, os menores fixeron uns chaveiros, imáns e un cadro para dar aos avós e avoas. Día internacional da amizade, batucada coa festa da escuma. Tamén celebrouse a feira do viño, o día da fotografía e a festa dos sombreiros. Traballouse o tema da Igualdade, con contacontos. Plastilina de chocolate, diversidade de obradoiros con material de reciclaxe (que eles mesmos traian de casa). Un horto familiar con plantación de tomates, fabas… Obradoiros varios con arena de praia,  con sal, con papel de aluminio, con papel transparente, con flores. Fixeron experimentos, area máxica, pintar pedras, mandala,  visitas ao museo Claustro Mercedarios e a bodega Terras do Gargalo.



Os menores do campamento urbano, de 11 a 15 anos, desfrutaron o verán con, acampadas nocturnas, xincanas, bicicletada, cine, skatepark, excursións ao río, primeiro campionato de pim pom. Visita ao balneario Cabreiroá, batida de recollida de lixo no río, baloncesto, brilé, fútbol, xogo do pañuelo, furor…



Hoxe, véspera do remate da Ludoteca e o Campamento Urbano, foron disfrazados e gozaron dunha festa da escuma. En definitiva, un verán tan completo no que non tiveron un momento para aburrirse.



Esta iniciativa está organizada pola Oficina Municipal de Información Xuvenil, dependente da área de Mocidade do Concello de Verín. A Ludoteca de Verán e o Campamento Urbano son dous proxectos destinados a conciliar a vida laboral e familiar dos proxenitores e cubrir o tempo vacacional dos menores con idades comprendidas entre os 3 e 15 anos, xa que comeza o día despois do fin do curso escolar e remata o día antes de volver comezalo