A obra teatral 'Asemblea de Mulleres' na Casa da Cultura de Verín Imprimir
Xoves, 28 Abril 2011 13:05

A Asociación La Caja de Pandora estrea, na xornada de mañá 29 de abril, a súa versión da obra 'Asemblea de Mulleres',  que Aristófanes escribiu para o Certame do ano 392 a.C., e posteriormente se convertería en referente sobre a comedia clásica.

'Asemblea de Mulleres' é unha amarga sátira sobre a situación política da Atenas contemporánea ao poeta dirixida, nesta ocasión, por Manolo Fontemoura e interpretada por 15 persoas -sete adultos e oito nenos/as-.

As funcións desta obra, que conta co apoio do Concello de Verín e a Eurocidade Chaves-Verín, terán lugar ás 19 e 23 horas, na Casa da Cultura da localidade.

Este grupo de teatro amateur, formado no ano 2008,  xa representou outras obras como 'La Cerillera', ‘Sancho, gobernador da Ínsula Barataria’ e as  infantís 'La historia de Bayrina y Fermin Nomelavonada', 'Bon Apetit' e 'Tifina, una princesa poco fina'.