Día das Letras Galegas na Biblioteca Pública Municipal de Verín Imprimir
Luns, 09 Maio 2011 13:44

O luns 16 de maio, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín organiza actividades lúdico-culturais con motivo do Día das Letras Galegas, adicado este ano ao poeta Lois Pereiro.

Esta iniciativa, enmarcada dentro da programación de actividades para o fomento da lectura, está destinada a 20 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 10 anos, e na mesma realizaranse contacontos e manualidades por parte do persoal da instalación e nenos/as voluntarios/as da biblioteca.

Para participar nesta iniciativa é necesario inscribirse nas instalacións da propia biblioteca ou no teléfono 988-414776.

Todos/as os/as usuarios/as poden informarse tanto na web da Biblioteca http://av.centromultimedia.net/microsite/verin/biblioteca/galego/index.htm, como no perfil da mesma en Facebook http://www.facebook.com/pages/Biblioteca-Publica-Municipal-de-Verin/104133986331021?v=wall